Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 25 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
A Guarda

Obradoiros de reciclaxe e danza e percusión africana o próximo mes de xuño na Guarda

Este próximo mes de xuño vén cargado de actividades para os mozos e mozas da Guarda. Dentro das accións ofertadas pola Concellería de Xuventude do Concello, o próximo mes destacan dous obradoiros: un de reciclaxe de camisetas e outro de percusión e danza africana.

 

No obradoiro “Unha camiseta, tres usos”, aberto a todo o público en xeral de maneira gratuíta, ensinarase a darlle unha nova vida ás camisetas vellas antes de botalas ao lixo. A partir destas camisetas os participantes aprenderán a facer colares, parches para adornar outras camisetas, apliques, flores, etc. Esta actividade levarase a cabo o venres 27 de maio de 19 a 21:30 horas e se recibirán inscricións ata o vindeiro xoves 26 de maio.

 

O segundo dos obradoiros, que leva por nome “A ritmo de corazón”, está organizado pola Concellaría en colaboración co grupo senegalés “Mbolo mooye doolé” e está pensado para mostrar e experimentar cos máis cativos os beneficios que se poden obter a través da percusión e a danza africana á vez que aprenden e se relacionan cunha nova cultura. Este obradoiro está dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 13 anos e se impartirá o sábado 18 de xuño ás 12 horas da mañá, podendo anotarse dende o 30 de maio ata o 15 de xuño.

 

As prazas para ambos cursos son limitadas, polo que todos aqueles que desexen inscribirse deben facelo, dentro dos prazos mencionados, na oficina da OMIX no Concello en horario de 9 a 14 horas. Para máis información poden chamar ó 986614546, enviar un correo electrónico a informacion@aguarda.es ou poñerse en contacto a través da páxina de Facebook da OMIX.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.