Mos
Mos participará no Plan de Inclusión Dixital de Galicia para mellorar a empregabilidade e inserción social dixital da súa cidadanía
Para elo, previa aprobación mañá en Xunta de Goberno Local, adherirase como entidade colaboradora á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
![[Img #25100]](upload/img/periodico/img_25100.jpg)
A Xunta de Goberno Local de Mos aprobará mañá a participación do Concello como entidade colaboradora e colaboradora e aliado dixital no Plan de Inclusión Dixital de Galicia. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, informaron hoxe da intención dende a administración local de formalizar a adhesión como entidade colaboradora e aliada dixital deste plan deseñado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en adiante, AMTEGA).
Coa participación do Concello de Mos no Plan de Inclusión Dixital preténdese, segundo explicaron os representantes municipais “a mellora dixital a nivel local para proporcionar á cidadanía as aptitudes dixitais que lles permitan facer pleno uso das tecnoloxías para aumentar a súa empregabilidade e favorecer a súa inserción social”.
Soto lembrou por outra banda que o Concello de Mos está adherido como entidade colaboradora ao Programa de Voluntariado Dixital dende o 19 de xuño de 2012 e a Rede CeMIT dende o 31 de xullo de 2013. O Concello éstá asímesmo inscrito como entidade colaboradora de acción voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria da Xunta de Galicia.
As liñas de colaboración entre o Concello de Mos e a AMTEGA serán a realización de actividades de formación, actividades de difusión e sensibilización (faladoiros) e proxectos e iniciativas singulares para o fomento da sociedade dixital en Galicia, dinamización dos espazos públicos integrados na rede CeMIT, cesión de contidos dixitais propios e/ou espazos físicos para o seu aproveitamento por parte da cidadanía e organización de actividades e/ou iniciativas en colaboración co Programa de voluntariado dixital (VOLDIX).
Ao formalizar a adhesión como “aliado dixital”, o Concello de Mos terá como dereitos empregar o cualificativo de «aliado dixital» do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 nas súas publicacións ou elementos promocionais. Beneficiarse das accións de comunicación que realice a Amtega a través das canles de comunicación que ten ao seu alcance para a correcta difusión da inclusión dixital. Neste senso, a Amtega garantirá a presenza do logotipo e/ou nome da entidade ou referente/mentor dixital, que figurará conxuntamente co do organismo promotor, Xunta de Galicia, nas actividades de difusión e divulgación que se realicen.
Utilizar, de maneira temporal, de balde, sen exclusividade e sempre que haxa dispoñibilidade, a rede de aulas CeMIT que a Amtega pon á súa disposición, para o desenvolvemento de actuacións de interese no eido da inclusión dixital, así como aqueles equipamentos cedidos por outras entidades colaboradoras no marco da presente resolución. Acceder aos recursos relativos á inclusión dixital de Galicia, que recolle os activos existentes e os datos de contacto do resto dos participantes nesta iniciativa, así como aos mecanismos de comunicación que permitan establecer os contactos profesionais necesarios que posibiliten a colaboración no desenvolvemento de calquera das liñas de actuación na mellora da inclusión dixital. Dispoñer do catálogo de servizos dixitais que inclúe o plan de formación, e os recursos formativos, metodoloxías didácticas e guías formativas que derivan del, así como de calquera outro material formativo cedido polos «aliados dixitais» no marco da presente colaboración, para o seu aproveitamento pola entidade na realización de actividades de alfabetización e inclusión dixital. Beneficiarse de actuacións de capacitación ao seu persoal para o correcto desenvolvemento de actividades de alfabetización dixital naqueles colectivos con que a entidade teña relación. E poder facer uso dos procedementos e ferramentas tecnolóxicas que posúe a Amtega para a xestión, rexistro e desenvolvemento das actividades de mellora da inclusión dixital, así como formación e asesoramento no seu uso.
Así mesmo, como entidade colaboradora inscrita no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, a administración local mosense poderá solicitar apoio de persoas voluntarias rexistradas no Programa de voluntariado dixital para o desenvolvemento das actividades de inclusión dixital, e solicitar equipamento tecnolóxico cedido por outros «aliados dixitais», para a mellora dos servizos que prestan aos colectivos con que traballan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129