Lunes, 26 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 24 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán amplía o dunar de Praia América

Operarios municipais retiraron 120 metros do paseo de madeira que actualmente xa non permitían o acceso á praia.

[Img #25103]

 

O Concello de Nigrán ampliou en 120 metros o ecosistema dunar de Praia América mediante a retirada por parte de operarios municipais dun acceso de madeira actualmente inoperativo pola transformación do río Miñor na contorna. O consistorio sigue así as recomendacións técnicas para que o espazo dunar sexa finalmente declarado como Espazo Natural de Interese Local (ENIL), xa que o Plan de Conservación sinala que as estructuras artificiais só poden contribuir a acrecentar o deterioro do sistema dunar. Este fragmento de paseo eliminado, ao lado da desembocadura do río, finalizaba nun talud despois de que o curso do río mudase levando con el gran cantidade de area.

 

"Queremos consolidar o espazo como ENIL, o que implica protexer ao máximo este enclave de gran interese ecolóxico non so para Nigrán, se non para toda a comarca", sinala Juan González, alcalde de Nigrán.

 

Estes 35.000 metros cadrados de terreo foron declarados como ENIL en xullo de 2014, pero de forma provisional e por un prazo máximo de dous anos. O Concello ultima agora o Plan de Conservación, documento imprescindible para obter o recoñecemento de xeito definitivo.

 

O ecosistema dunar sufriu durante décadas o efecto do desenvolvemento urbano e turístico, que afectou e modificou as condicións de equilibrio da zona. Alterouse a dinámica sedimentaria costeira debido á construción de infraestruturas como o espigón do porto e o paseo de Panxón ou á extracción de area para a construción. Co fin de paliar esta situación, o Plan de Conservación do Ecosistema Dunar Praia América-Panxón contempla a restauración, protección e conservación dos seus dous hábitats, os dunares e os estuarios, así como das poboacións de flora e fauna, como o chorlitexo patinegro; aumentar a súa superficie ata o seu máximo potencial; favorecer a súa madurez, complexidade estrutural e biodiversidade; e diminuír a frecuencia humana e a accesibilidade ao sistema.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.