Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 24 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra concede un préstamo sen xuros de 49.500 € ao Concello de Fornelos de Montes

[Img #25120]

 

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, asinaron esta mañá o convenio para a concesión dun crédito de 49.500 euros para operacións de tesourería neste municipio. Trátase dun dos concellos beneficiados pola convocatoria do Goberno provincial de préstamos sen xuros para os concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de inversións, operacións de tesourería, necesidades urxentes ou desfases transitorios.


O alcalde mostrou o se agradecemento á Presidenta pola concesión desta liña de crédito pero, sobre todo, porque sexa sen ningún tipo de xuro o que redunda nun dobre beneficio para o concello ao garantir a liquidez sen coste engadido.


Pola súa parte, Carmela Silva recordou que a Deputación é a casa de todos os concellos e a aposta por préstamos sen xuros é unha resposta obrigada da institución provincial dada a situación delicada da tesourería de moitos concellos.


En 2016 é a primeira vez que a Deputación provincial saca esta liña de créditos en réxime de  concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios, xa que co anterior Goberno estes eran do 2%. Ademais de Fornelos de Montes, outros seis concellos -Catoira, Silleda, Poio, Pazos de Borbén, A Cañiza e Salceda de Caselas- se benefician desta iniciativa, na que o ente provincial inviste 1.137.708,7 €.
Ademais, na Xunta de Goberno do pasado venres aprobouse unha segunda convocatoria para a concesión deste tipo de préstamos a concellos, por valor de 362.291,28 €. Faise así porque na convocatoria inicial non se esgotou o importe máximo asignado a esta iniciativa, que era de 1,5 millóns de euros, o que supón tamén 500.000 € máis que a última asignación do anterior Goberno provincial.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.