MOS
Concello e Xunta ultiman detalles do proxecto de mellora do nó de Sanguiñeda que une as rotondas de Costilleta e As Angustias
Un técnico da Axencia Galega de Infraestruturas e o equipo redactor do proxecto reuníronse esta mañá coa alcaldesa de Mos e o edil de Vías e Obras.
![[Img #25124]](upload/img/periodico/img_25124.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, reuníronse esta mañá no salón de sesión do Concello con José Tobío, técnico director de obra da Axencia Galega de Infraestruturas da consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia e cos demais membros integrantes do equipo redactor do proxecto de ‘Actuación de Acondicionamento do Nó de Sanguiñeda, entre as N-120 e a N-550 no Termo Municipal de Mos’.
Durante a xuntanza de hoxe os técnicos presentáronlles ós representantes municipais a proposta de actuación que os primeiros puideron visualizar nos planos de humanización e planta da obra prevista que incluirá fundamentalmente traballos de humanización e mellora da seguridade vial da zona. Dita actuación ten por obxecto a mellora de seguridade viaria e o acondicionamento da contorna para facilitar a circulación dos peóns.
Entre outras, as melloras concretas coas que se humanizará a zona serán: creación de novas beirarrúas, como a do tramo da transitada N-120, novos pavimentos en todas as beirarrúas do ámbito, aumentando a sección cando sexa posible; mellora da iluminación, con criterios de eficiencia enerxética; mellora do pavimento viario, dotación de mobiliario urbano e xardinería, mellora da sinalización e creación de espazos para aparcadoiro. Concello e Axencia esperan poder comezar os traballos coa maior brevedade posible.
O ámbito de actuación ocupa unha superficie de 17.800 m2, no límite Sureste do municipio de Mos, sitúandose entre a Autovía A-55 e a estrada N-550, no nó de Sanguiñeda, cun tráfico importante de acceso aos núcleos de Porriño e Mos.
Antecedentes
O nó de Sanguiñeda, entre a N-120 e a N-550, no termo municipal de Mos (Pontevedra) é un tramo conflitivo, polo importante tráfico de vehículos e persoas que o transitan. O conxunto está formado pola coñecida como Glorieta da Costilleta, ao Oeste, e a Glorieta das Angustias, ao Leste.
A Glorieta da Costilleta serve de acceso á Autovía A-55 (Vigo-Tui), á estrada PO-511 (Sanguiñeda-Torneiros) á Avenida de Sanguiñeda, á Rúa Progreso (PO-329) e á N-120 que a comunica coa Glorieta das Angustias. Pola súa banda, a Glorieta das Angustias serve de entrada Sur ao municipio de Mos, pola N-550 e ao centro de Porriño pola Avenida de Galicia e a Rúa Ramiráns.
Con todo, o desenvolvemento urbanístico dos últimos anos incrementou de maneira considerable o fluxo peonil nunha zona cun tráfico de vehículos moi denso e carente de beirarrúas. Por iso, desde a Axencia Galega de Infraestruturas exponse a mellora da seguridade mediante o proxecto de humanización hoxe proposto ante a rexedora local mosense, Nidia Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129