MOS
A aposta folk de Milladoiro no Pazo de Mos será o acto estrela das Festas da Rosa
Rubén Blanco e Patricia Martínez serán os protagonistas deste ano, o porteiro do Celta como Pregoeiro e a bailarina, homenaxeada cun pavillón que levará o seu nome.
![[Img #25145]](upload/img/periodico/img_25145.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os membros do equipo de goberno local mosense presentaron esta tarde a programación cultural e deportiva das Festas da Rosa 2016.
Os actos comezarán o sábado 4 de xuño (e prolongaranse ata o día 25 dese mesmo mes) co II Trofeo de Patinaxe “Rosaleira-Vila de Mos” a partir das 16.30 horas no Pavillón Óscar Pereiro, que se repetirá ó día seguinte no mesmo lugar pero a partir das 9.30 horas e ó longo de todo o día.
O domingo 5 de xuño pola tarde, ás 18.00 horas, os cativos poderán disfrutar dunha xornada de maxia infantil no Pazo de Mos. E o sábado 11 de xuño chegará o prato forte e actuación estrela das Festas da Rosa, que será o concerto de Milladoiro ás 22.00 horas nos exteriores do Pazo de Mos.
Sobre este concerto a redexora local mosense declarou que “estou segura de que será maravilloso e esta aposta por un grupo folk da concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, será de seguro todo un éxito xa que representa á nosa terra, ós nosos costumes, raíces e tradicións; ademais nun entorno tan ideal coma o do Pazo de Mos, a posta en escea será inesquecible”.
O domingo 12 de xuño ás 9.30 horas sairá dende o Pavillón Óscar Pereiro unha Marcha Mountainbike e pola tarde ás 17.30 horas o Centro Dotacional de Torroso o Festival de Bandas e, para culminar a xornada, ás 20.30 horas celebrarase o acto de nomeamento do Pavillón Castro-Mos a Patricia Martínez.
![[Img #25181]](upload/img/periodico/img_25181.jpg)
Sobre ela a alcaldesa, Nidia Arévalo, explicou que “Patricia Martínez, 12 veces campiona de España de Baile Deportivo, é un orgullo para Mos. E a verdade é que era o momento de adicarlle algún tipo de mención especial, porque a súa traxectoria deportiva dende moi moi cativa ben o merece. Patricia, que xa foi pregoeira da Festa da Rosa no seu día, leva orgullosa o nome de Mos polo mundo adiante e ademais xestiona e dá clases na Escola Municipal de Mos de Baile Deportivo, cuxos alumnos despuntan xa a nivel autonómico, conseguindo medallas no Campionato Galego durante os dous últimos anos. Un labor de toda unha vida o de Patricia, a pesar da súa xuventude (posto que leva 18 anos competindo), que había que premiar, e así o fixemos co apoio unánime de toda a Corporación Municipal: adicándolle o pavillón da súa parroquia e onde no seu día se atopou ubicado o local no que ela recibiu as súas primeiras leccións de baile”.
E xa o luns 13 de xuño chegará o festivo local e con el a celebración do día grande da Rosa. De 9.00 horas a 11.00 horas serán a exposición e presentación de exemplares ó concurso de ramos de rosas. Ás 11.00 horas celebrarase a Misa Solemne cantada polo Coro Infantil “Voces Brancas de Celado”. Ás 12.00 horas realizarase a lectura do Pregón e ás 12.30 horas emitirase o veredicto dos concursos de rosas e de empanadas de pan de millo. Ás 13.00 horas actuará a Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos e tras a mesma chegará o fin de festa coa Exaltación da Empanada de Pan de Millo a cargo de Mulleres Rurais.
Nesta ocasión o Pregoneiro será o veciño da parroquia de Guizán e porteiro do Real Club Celta de Vigo, Rubén Blanco. “Un rapaz moi novo pero moi maduro e responsable ó memo tempo, que está a facer un papel inmellorable no Celta”, como así o definiu Arévalo. “Rubén demostrou o seu esforzo e a súa capacidade de superación e de traballo tanto individual como en equipo, por iso consideramos que este e o seu ano e o mellor momento para que protagonice o Pregón das Festas da Rosa ó tempo que esperamos lle sirva de exemplo e guía á mocidade mosense”, declarou a alcaldesa.
Continuando coa programación, o sábado 18 de xuño chegará a IX Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos en Costoias-Tameiga. O encontro realizarase a partir das 11.00 horas e ás 17.00 horas estará amenizado polo show de Cristian de Samil.
O domingo 19 de xuño disputarase o VIII Trofeo de Fútbol Memorial Juan Estévez “Nené” a partir das 17.30 horas no Campo de Fútbol de Cototorrón. E nos exteriores do Pazo de Mos ó longo de todo o día celebrarase o I Festival Canto Conto, que dará comezo ás 11.00 horas e albergará varios concertos tales coma o de As Maimiñas ás 12.30 horas, Oviravai ás 17.00 horas e A Gramola Gominola ás 19.00 horas.
Sobre este festival a edil de Cultura, Sara Cebreiro, explicou que “hoxe en día polo estilo de vida que temos, os pais e a as nais pasamos menos tempo do que nos gustaría cos nosos fillos, é por iso que fan falta actividades para disfrutar en familia, e que mellor xeito de pasalo ben que con música en directo, obradoiros, contos, flahsmobe, recunchos para comer… A xornada de Canto Conto será un antes e un despois na programación da Rosa”.
O seguinte, e derradeiro, evento cultural das Festas da Rosa 2016 chegará o sábado 25 de xuño e será o titulado “Os Sete Magníficos máis un. Bivalvos como galegos” de Fran Rei e Pedro Brandariz no Pazo de Mos a partir das 22.00 horas.
Cebreiro insiste en que “dende o Concello de Mos configuramos unha programación que ten como obxectivo base o fomento da cultura. O mes de xuño sempre é o máis sinalado e importante do calendario da nosa localidade, culturalmente falando e por iso que todas estas actividades pretenden ser unha homenaxe a esta bela flor, representativa do noso Concello e da cal posuímos exemplares únicos e fermosísimos”.
Ao redor desta festividade mosense na concellaría de Cultura elaborouse programa para todos os públicos e xeracións, ofertando actos culturais e lúdicos: concertos, teatro, actividades de lecer e concursos relacionados con esta flor.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129