O ROSAL
A Deputación achega 29.000 € ao Concello do Rosal para a impermeabilización dun depósito de auga potable na Buraca
A institución provincial adxudicou xa o 51,7% do total destinado ao Rosal dentro do Plan Concellos 2016, cuns investimentos ata agora de 266.176,02 €.
O goberno provincial vén de aprobar, mediante resolución presidencial, unha contía económica de 29.482,98 € para o municipio do Rosal dentro da liña 1 -investimentos- do Plan Concellos 2016. A achega destinarase para as obras de impermeabilización dun depósito de auga potable na Buraca.
Esta cantidade, dentro da liña 1, vén sumarse á xa aprobada anteriormente de 54.000 € para a adquisición dun tractor grúa. Así mesmo, dentro da liña 3 -actividades deportivas, culturais, musicais e medioambientais- investiuse un total de 19.288,52 € destinados á Festa do Cabaqueiro e á Feira do Viño do Rosal.
Así mesmo, na liña 2 -gastos correntes, amortización e pagamento de débedas- o ente provincial outorgoulle ao Rosal 47.673,35 € e outros 115.731,17 € para a contratación de 16 empregados e empregadas que están desempeñando diversos traballos municipais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22