Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 26 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O Concello de Mos incorpora novos traballadores grazas á axuda autonómica para a contratación de persoas perceptoras da RISGA

Adicaranse a apoio das áreas administrativas e atención ao público, e a mantemento e limpeza de edificios e espazos públicos.

[Img #25171]

 

O Concello de Mos continúa coa súa intensa aposta polo fomento do emprego mediante a contratación de novos traballadores de distintas categorías. Agora contratará temporalmente, grazas a unha subvención do Servizo de Traballo e Economía Social da consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, a cinco persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da RISGA, que realizarán labores de apoio ás áreas administrativas e atención ao público, e de mantemento e limpeza de edificios e espazos públicos.


Concretamente, o persoal contratado serán dous auxiliares administrativos –un que traballará na Biblioteca Municipal polas tardes e outro servirá de reforzo ó departamento de Participación Cidadá-, un ordenanza que traballará na Axencia de Colocación, e dous operarios de limpeza. Todos terán un contrato de sete meses de duración ó 75% da xornada laboral.


O posto de ordenanza terá as funcións de controlar o acceso ás dependencias da Axencia de Colocación, atendendo e orientando ás personas que acudan a ela, distrubuír material e documentación, preparar as instalacións para reunións ou actividades colectivas, abrir e pechar o edificio, e atender o teléfono.


Os dous auxiliares administrativos realizarán traballos de apoio ás áreas administrativas da Biblioteca Municipal e o departamento de Participación Cidadá mediante atención telefónica e ao público, e realización de trámites.


Os dous operarios de limpeza levarán a cabo tarefas de limpeza e mantemento de superficies e mobiliario existentes nos edificios dependentes do Concello.


A administración local mosense recibirá neste senso da Xunta unha subvención de máis de 50.000 euros coa que se financiarán íntegramente os soldos destes cinco novos traballadores.


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Persoal e Política Social, Sara Cebreiro, manifestáronse satisfeitas e optimistas ante o índice do desemprego en Mos, que esperan que “con accións coma esta de contratación de novos traballadores para o Concello e o repunte que parece que está a experimentar a economía a nivel nacional, as cifras do paro comecen a descender radicalmente”, dixeron.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.