DEPORTES
Máis dun cento de xogadoras e xogadores disputan no Porriño a segunda xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA)
![[Img #25168]](upload/img/periodico/img_25168.jpg)
O Pavillón Municipal do Porriño acolleu a segunda xornada da Liga Galega de Baloncesto organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA), na que participaron máis dun cento de xogadoras e xogadores integrantes dos equipos de Aceesca, Asdan, Aspanaex, Aspavi, Esclavas V.D., Juan XIII, Méndez Núñez, Prioriño, Saiar, San Rafael e San Xerome.
Á competición, que se disputou en forma de liga de 10 e media da mañá a 2 da tarde deste mércores, día 24, asistiron a concelleira de Educación, Lourdes Moure, e o concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, coma na primeira xornada, disputada o pasada mes de marzo. O campionato concluirá en outubro, mes no que os quintetos se medirán na terceira e última xornada.
Manuel Carrera salientou o “magnífico traballo” que levan a diante adestradores, directivos e, “especialmente, os deportistas” que contenden a este campionato e, logo de felicitarlles pola seu esforzo, reiterou que o Concello do Porriño quere que a vila sexa a sede permanente desta liga polo cal asinará un acordo coa Federación Galega de Deporte Adaptado (FGDA) para que este desexo sexa unha realidade e os mellores xogadores galegos da categoría se dean cita cada ano no Porriño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60