Jueves, 22 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 28 de Mayo de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Salceda únese á campaña “Quere o teu mercado”

[Img #25222]

 

O Concello de Salceda de Caselas únese á campaña “Quere o teu mercado”, promovida en Galicia pola Xunta de Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes co obxectivo de destacar o papel dos mercados e potenciar a compra do produto local ademáis de ensalzar a profesionalidade dos nosos praceiros e praceiras.


No caso de Salceda, os nenos e nenas poderán achegarse ao Mercado Municipal o vindeiro sábado 28 a partires das 11:30, e aprender dun xeito divertido a comer froita coa actividade “Pequenos Cociñeiros”.


Con esta iniciativa preténdese fomentar o consumo de productos frescos no Mercado, que no caso de Salceda de Caselas lévase mellorado considerablemente nos últimos anos. Cos investimentos realizados lévanse atallado xa problemas como as correntes de aire do edificio coa colocación de falso teito, ou a conexión coa zona de aparcadoiro da carballeira situada detrás da edificación , efectuando unha apertura no semisoto e executando unhas escaleiras de acceso.


Por outra banda, no afán de dinamizar o mercado ofrecendo novos servizos, creouse tamén unha zona de cafetería con servizo tanto ao interior como ao exterior do edificio, que contará con autonomía propia de funcionamento, independentemente do propio mercado.


Pola súa proximidade e situación estratéxica nas nosas vilas e cidades, os mercados municipais xogan un valioso papel dinamizador e revitalizador dos centros urbanos onde se asentan e facilitan, ademais, a compra completa de alimentos frescos con toda a comodidade e sen necesidade de grandes desprazamentos. Mercar neles é garantía de calidade, bo servizo e atención personalizada así como garantía de boa compra, fomentando o consumo de produtos galegos e ofrecendo a variedade de carnes, lácteos, froitas, verduras, pescados, mariscos, hortalizas… que require unha dieta equilibrada e saudable. Xuntan tradición e modernidade, adáptanse ás demandas dos seus clientes, ofertan os mellores prezos en produtos frescos de alimentación e incorporan cada día novos servizos complementarios e personalizados. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.