MOS
Mos insta a recuperar o PAC, do que se beneficiaban anualmente unha media de 20 asociacións mosenses
Aprobouse onte en Pleno unha moción neste senso.
O Pleno da Corporación Municipal mosense aprobou na súa sesión ordinaria do mes de maio unha moción do grupo municipal do Partido Popular para recuperar o Plan de Acción Comunitaria, PAC, da Deputación de Pontevedra.
A este respecto a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o voceiro do PP local, Camilo Augusto, declararon que “a Deputación de Pontevedra caracterizouse sempre por ofrecer liñas de axudas a colectivos, que resultaron ser fundamentais para sustentar e impulsar as iniciativas das asociacións veciñais, culturais, deportivas ou sociais da provincia e por suposto do Concello de Mos”.
“Unha desas liñas importantes”, continuaron explicando os representantes municipais, “era o Plan de Acción Comunitaria (PAC), destinado ás asociacións veciñais da provincia. A través deste programa, en 2015 repartíronse 1 millón de euros entre preto de 300 colectivos de toda a provincia (dos que alomenos 20 eran de Mos), que atoparon neste apoio a oportunidade de desenvolver iniciativas tan importantes e necesarias como a mellora de traídas de augas, de camiños ou mesmo o arranxo e equipamento das propias casas veciñais”.
Actualmente as asociacións e colectivos de Mos non saben a onde dirixirse nin contan xa con esta liña de axudas que tanto necesitan. Neste sentido Arévalo informaba onte de que o municipio de Mos era un dos máis beneficiados polo Plan de Acción Comunitaria, polo gran número de asociacións existentes na localidade e, entre elas, tamén o elevado número delas que solicitaban axudas con cargo a este Plan. “Ademais dende o Concello sempre nos preocupamos de axudar ós colectivos mosenses a tramitar as subvencións e facerlles o seguemento pertinente”. “Polo que agora non podemos máis que continuar coa defensa das asociacións e da cultura deste Concello, que sen o PAC quedarán desprovistas duns fondos vitais para a súa supervivencia e dos que se beneficiaban dende asociacións veciñais, culturais, comunidades de augas, cemiterios, igrexas, etc.” Entre todos eles anualmente a localidade mosense viña sumando entre 50.000 e 60.000 euros do PAC que os colectivos destinaban a obras de mellora dos seus locais e infraestruturas e dos que agora están desprovistos.
Os gobernos do Partido Popular na Deputación de Pontevedra apostaron polo Plan de Acción Comunitaria como unha ferramenta para mellorar o medio rural e as barriadas urbanas, mediante un mellor aproveitamento dos recursos dispoñibles que lles permitira aos seus habitantes unhas adecuadas condicións de vida; e para dinamizar ás propias agrupacións de veciños, co obxecto de aumentar a súa capacidade de xestión e de resolución de problemas, fomentar a súa participación nos distintos ámbitos de actuación e propiciar a súa sustentabilidade. Obxectivos que conseguiron e cos que as asociacións pontevedresas en xeral, e mosenses en particular, estaban encantadas e moi satisfeitas.
“Pero este apoio desvaneceuse co actual goberno bipartito da Deputación de Pontevedra, que eliminou de un plumazo unha liña de axudas que eran básicas e necesarias para reforzar os pequenos investimentos en zonas do rural, e dese xeito, igualar as oportunidades entre o rural e o urbano. E o fixeron da peor forma posible, deixando ao marxe ás propias asociacións veciñais que a día de hoxe son alleas a esta decisión, porque nin se lles ofrecen as razóns que levaron a eliminalas, nin se lles deixa argumentar a necesidade de seguir contando con elas” argumentou o edil mosense de Coordinación de Asociacións Veciñais, Patrimonio e Servizos; Camilo Augusto.
E é por isto que mediante a aprobación en Pleno desta moción, o Concello de Mos insta á Deputación de Pontevedra a que recupere o Plan de Acción Comunitaria para este ano 2016 e convocatorias sucesivas, e que conceda as axudas de forma directa ás asociacións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149