Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 01 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Club Teabikes participou no Trofeo concello de Carballo 2016

[Img #25266]

 

O pasado fin de semana disputouse o Trofeo concello de Carballo 2016. A pesar de estar baixo unha predición climatolóxica adversa con ameazas de fortes precipitacións e tormenta desprazáronse ata o concello coruñés de Carballo pequenos ciclistas chegados de toda a xeografía galega. Onde o Club ciclista Teabikes estivo representado pola pequena biker Uxía Soto, que lonxe de amedrentarse ante as fortes choivas que caeron por algúns intres previos a competición, a pequena ciclista conseguiu marcar o ritmo de carreira erguendo paixóns entre o público asistente o ser unha alevín fémina quen impuxese o ritmo de carreira en tres das catro voltas que compoñían a competición, coa mala sorte de verse relegada o quinto posto da xeral o disputarse o final de carreira o sprint.  A pequena ciclista ponteareán amosa unha vez mais un bo estado de forma que coa sorte de cara conseguiu unha vez mais despois de disputar catro competicións de escolas na modalidade de estrada subir por cuarta vez  o mais alto do podium na categoría de alevín féminas. O club ciclista Teabikes destaca que Ponteareas desde antaño e unha cuna de grandes ciclistas e a día de hoxe as féminas ponteareáns tamén están facendo méritos neste fermoso deporte das dúas rodas, xa que a tamén a  ponteareán Claudia Garcia integrante da Escola de Ciclismo Redondela conseguiu o terceiro posto na categoría infantil Fémina.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.