MOS
Mos asina o convenio para a realización do III Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco
A iniciativa deportiva foi presentada esta mañá no Concello de Mos pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta, coa presencia do concelleiro de Deportes mosense, Alberto Méndez, e o presidente do Club Louro-Tameiga, Patricio Farrapeira.
![[Img #25284]](upload/img/periodico/img_25284.jpg)
Onte levouse a cabo a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Mos e a Fundación Celta de Vigo para a realización do III Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco. O acto de sinatura celebrouse ás 09.30 horas no salón de sesións do Concello de Mos coa asistencia de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes de Mos, Germán Arteta Torres, director da Fundación Celta de Vigo, Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga (en cuxo campo se realizará o campus) e outros membros tanto da Fundación Celta de Vigo como da directiva do Club Louro-Tameiga.
O Campus desenvolverase do día 11 ó 15 de xullo no Campo de Fútbol de Cototorrón do Club Louro-Tameiga. O horario de desenrolo deste campus de fútbol infantil será de 10.00 horas a 14.00 horas da mañá, cun descanso para comer algo e beber auga para hidratarse.
Ó inicio do campus os rapaces participantes (con idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos) recibirán a equipación composta por calcetíns, pantalón e camiseta.
Os interesados en inscribirse poden facelo dende xa presencialmente no Concello de Mos e nas dependencias do Club Louro-Tameiga no Campo de Fútbol de Cototorrón, ou ben ‘on line’ na páxina web da Fundación Celta de Vigo, www.fundacioncelta.com
A metodoloxía que utilizan os monitores da Fundación Celta de Vigo neste Campus baséase no traballo de catro áreas fundamentais: coordinación, técnico-táctica, multideporte, e competición. O sistema para impartir a formación ós xogadores é rotativo, de xeito que ó longo da mañá tódolos cativos participantes no Campus vaian pasando polas catro diferentes áreas de traballo.
Esta metodoloxía é a mesma que se emprega nas categorías inferiores do Real Club Celta. Ademais a formación especializada deste campus está impartida por adestradores da canteira do Real Club Celta de Vigo.
Os pequenos mosenses participantes nesta iniciativa recibirán tamén ó longo da semana do Campus charlas sobre os valores no deporte e como inculcarllos ós xoves deportistas, e nutrición e hábitos de alimentación saudables. Trátase pois dunha actividade perfectamente equilibrada entre o lúdico e o formativo sen deixar de lado a educación en valores. E é que mediante a celebración deste campus preténdese empregar a práctica deportiva entre os máis xoves como ferramenta transmisora de valores como son a solidariedade, creatividade, traballo en equipo, sacrificio, superación, respecto, humildade e compañeirismo.
Os obxectivos deste Campus son, segundo explicou Nidia Arévalo, rexedora local mosense, “facilitar ós pais e nais mosenses a concienciación da vida familiar e laboral unha vez iniciadas as vacacións estivais dos máis pequenos, fomentar a práctica do deporte nas idades máis temperás, así coma educar ós cativos participantes en valores e promover hábitos alimenticios saudables e equilibrados”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149