Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 05 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda recibe 40.000 € da Deputación para rehabilitar e construír un miradoiro

No que vai de ano a Deputación de Pontevedra leva investido na vila 481.156,49 €, máis do 67% do total adxudicado á Guarda no marco do Plan Concellos 2016.

O goberno provincial, mediante resolución presidencial, vén de aprobar unha achega ao concello da Guarda dentro da liña 1, investimentos, do seu Plan Concellos 2016. Esta contía destinarase á rehabilitación e construción dun miradoiro no municipio.

 

Tamén dentro do Plan Concellos, esta cantidade engádese aos 147.600 € xa adxudicados para obras de mellora no pavillón das Solanas e a adquisición dunha varredora para os servizos municipais. Dentro da liña 3 –actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais– aprobáronse 26.689,50 € para o Entroido, o Torneo de Xadrez, as Andainas, a Feira do Libro, o programa Atletismo na Natureza, a Exposición 2016 e a IX Gala do Deporte. Ao abeiro da liña 4 –emprego– outorgáronse 160.037,50 € para a contratación de 24 empregados e empregadas  que realizan diferentes tarefas municipais. Así mesmo, a Deputación de Pontevedra tamén destinou 106.945,39 € aos gastos correntes (liña 2) da vila.

 

No que vai de ano, a Deputación de Pontevedra leva entregado xa 481.156,49 € ao concello da Guarda. Isto supón o 67,5% do total presupostado no Plan Concellos para este municipio.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.