Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 03 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Recepción no Concello da Guarda ó Campión Galego de Contrarreloxo Individual Aser Estévez

[Img #25305]

 

O ciclista guardés Aser Estévez, que conseguiu o pasado 17 de maio o seu noveno título no Campionato Galego de Contrarreloxo Individual na categoría Élite, acudiu esta semana a unha recepción no edificio do Concello da Guarda.


 
Alí foi recibido polo Alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e polo Concelleiro de Deportes,Manuel Javier Crespo González, cos que mantivo unha distendida reunión na que lle transmitiron as súas felicitacións e recoñecemento polos recentes éxitos acadados.

 

Ademais, tras falar dos próximos retos, dificultades e oportunidades que se presentan no futuro do deportista guardés, fixéronlle entrega dunha figura conmemorativa do Camiño Portugués da Costa e dun libro sobre a Historia da localidade.
 


Pero o líder do Club Ciclista Rías Baixas non para e tras esta visita, tal e como comentou na recepción ó alcalde e ó concelleiro, ten dúas datas sinaladas no seu calendario nas próximas semanas: o Campionato Galego de Fondo en Estrada e o Campionato de España.


 
Dende o Concello deséxanllea mellor das sortes nestas datas e nas que virán e que siga a acadar os maiores éxitos posibles e a levar o nome da Guarda por toda a Península.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.