Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 04 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Aberto o prazo para a inscrición no proxecto da "Mochila viaxeira de verán" do Concello da Guarda

[Img #25306]

 

A Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal do Concello da Guarda impúlsase o proxecto a “Mochila Viaxeira de Verán” para este verán 2016, co que se busca promover a lectura como un dos pasatempos principais das familias durante o tempo de lecer na época estival que está a piques de comezar.


 
Esta iniciativa porá a disposición dos usuarios da Biblioteca 10 mochilas viaxeiras infantís, 3 mochilas viaxeiras xuvenís e 3 familiares. As mochilas infantís levarán libros, película e CD adaptado para nenas e nenos de 3 a 12 anos. As mochilas xuvenís irán contarán con material para rapaces de 13 a 16 anos e as mochilas familiares levarán libros tanto para os pais e nais como para os fillos ó igual que unha película familiar e un CD.

 

Para poder participar destas mochilas, os usuarios deben inscribirse na Biblioteca Municipal. O prazo vai ata o 11 de Xuño e a inscrición poderá facerse en horario de 17 a 20h. da tarde.


 
As quendas para levar as mochilas serán de tres semanas, tendo que devolvelas no último día da quenda e podendo levar outra mochila distinta nas seguintes tres semanas. O único límite é que só se poderá levar unha mochila por persoa e no caso das familiares so unha por familia. As quendas serán as seguintes:
 
Do 13 de Xuño ó 2 de Xullo
Do 4 de Xullo ó 23 de Xullo
Do 26 de Xullo ó 13 de Agosto
Do 16 de Agosto ó 3 de Setembro.


 
Anímase a que todos os que o desexen se acheguen á Biblioteca Municipal para vivir un verán cheo de lectura e aventuras coas “mochilas viaxeiras”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.