SALCEDA DE CASELAS
O PSOE de Salceda presentará mañá as súas propostas ó orzamento
O Grupo Municipal socialista presentará na comisión informativa de mañá venres as súas propostas ó orzamento do 2016, que se levará a pleno a próxima semana.
Os socialistas lamentan que só tivesen dous días para estudar o orzamento que presenta o goberno, pero co “ánimo de colaborar na mellora da situación económica do Concello presentaremos xa na comisión informativa as nosas propostas, que estamos seguros axudarán a endereitar a xestión económica actual”.
Verónica Tourón, voceira socialista, explica “que a espera dos informes de viabilidade dos servizos técnicos do Concello, se poidan debater as nosas propostas no próximo pleno e poidamos chegar a un consenso na procura de mellorar a situación económica pola que está a pasar o Concello.”
Entre as propostas está que as partidas de gastos esenciais para o normal funcionamento do concello se doten da cantidade suficiente para que estes non se poidan desenvolver con normalidade e que ademais permita que os provedores non teñan que esperar para cobrar as súas facturas. Tamén se atopa, entre as súas propostas que se dote de crédito suficiente a área de Benestar Social, para cubrir as necesidades actuais dos veciños e veciñas. Ó mesmo tempo que piden que se recorten gastos innecesarios como atencións protocolarias ou publicidade.
Consideran que" estes orzamentos do 2016 son realmente uns orzamentos baleiros , xa que a inversión que se reflexa foi a gastada xa no ano 2015. Tal foi o importe de inversión realizada por este goberno no exercicio anterior, que este ano só se reflexa como nova inversión o pago á Diocese Tui Vigo pola expropiación do Parque Raíña Aragonta". Pola nosa parte, explican “ante a limitación de propoñer nova inversión pola falta de crédito, só puidemos propor que se recolla no orzamento o pago de 2015 e 2016 co que se viña amortizando ó resto dos propietarios, xa que consideramos que están no mesmo dereito ca Igrexa”. Pídenlle por outra parte que "a xestión deste orzamento sexa máis transparente, responsable e realista, para que próximo ano non volvamos a atoparnos na mesma situación".
Confían os socialistas, en que "o Sr. Alcalde se sente a consensuar as propostas e cheguemos a un acordo, que non é outro que mellorar o orzamento municipal para mellorar o benestar dos nosos veciños".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149