Mos
ASODIFISI: un cuarto de século traballando pola integración
A Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos celebra o seu 25 cumpreanos
![[Img #25354]](upload/img/periodico/img_25354.jpg)
A Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, celebrou esta tarde o seu 25 aniversario cunha gala conmemorativa na que estiveron presentes a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, e outros membros da Corporación Municipal.
Cómpre destacar tamén a presencia de Asunción Monroy, presidenta de Asodifisi e María Carrera, expresidenta de Asodifisi. Así coma de Ramón Sestayo, vicepresidente de Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade). E asistiu tamén Digna Rivas Gómez, deputada de Cohesión Social e Xuventude.
![[Img #25352]](upload/img/periodico/img_25352.jpg)
O evento levouse a cabo no auditorio do edificio Multiusos de Mos, sito nas Pozas, parroquia de Petelos, a partir das 18.00 horas; e contou coas actuacións musicais de Xulio Lorenzo e Alberto Cunha.
Os labores de presentador e maestro de ceremonias correron a cargo de Juan Lorenzo.
E un momento moi importante da tarde marcouno tamén a intervención da doutora Flor Pérez, colaboradora destacada nestes 25 anos da Asociación.
Ademais dos concertos, emitiuse unha proxección audiovisual sobre os 25 anos de historia da Asociación e pechouse o acto de celebración cun sorteo de agasallos doados por distintas empresas e particulares colaboradores.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149