GALICIA
Mato afirma que “está nas más de toda a cidadanía galega” facer que as vilas de Galicia sexan harmónicas coa paisaxe
A conselleira de Medio Ambiente salienta que se avanzou na conciencia de que o desenvolvemento urbanístico debe ser sempre ordenado, respectuoso e sostible; só deste xeito as cidades e vilas galegas terán a oportunidade de crecer.
A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, afirmou esta semana que “está nas más de toda a cidadanía galega” facer que as vilas de Galicia sexan fieis á súa identidade, harmónicas coa paisaxe e comprometidas coa sustentabilidade; en definitiva, decidir que vilas e cidades queremos para o futuro. Así o destacou a conselleira de Medio Ambiente durante a súa intervención esta mañá na inauguración da xornada Estado actual e futuro do urbanismo español, organizada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
A conselleira de Medio Ambiente destacou que nas últimas décadas se avanzou na conciencia de que o desenvolvemento urbanístico debe ser sempre ordenado, respectuoso e sostible; só deste xeito as cidades e vilas galegas terán a oportunidade de crecer e desenvolverse, argumentou Mato Otero, ao que engadiu que deben facelo dende o respecto á paisaxe, ás necesidades e ás características propias de cada rexión.
Salientou que as administracións contan con dúas ferramentas para conseguir o urbanismo que merece o territorio, como son afondar na toma de conciencia acerca da importancia que ten a paisaxe e a súa protección e crear un marco normativo actualizado e eficiente, que protexa o territorio ao tempo que permite un crecemento sustentable.
Lembra que o actual Goberno leva traballando dende o primeiro día de mandato, un esforzo que permitiu aprobar as Directrices de Ordenación do Territorio, o Plan de Ordenación do Litoral e a Lei do solo, que entrou en vigor este mes de marzo
Tal e como explicou a conselleira, trátase dun dobre obxectivo no que se leva traballando desde o ano 2009, dende varias perspectivas como a sensibilización. Neste ámbito, a Xunta fixo importantes esforzos por facerlle ao urbanismo responsable un oco importante na axenda social, que se materializaron no programa Paisaxe e Sustentabilidade –en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria- e que serviu de base para implantar a materia de libre elección para Secundaria e Bacharelato.
Por outra banda, salientou que dende o Goberno galego lévase traballando dende o ano 2009 nun modelo que aposta pola responsabilidade, a sustentabilidade e a eficacia; acadando fitos moi importantes como a aprobación das Directrices de Ordenación do Territorio en 2011, as primeiras na historia da autonomía, e o Plan de Ordenación do Litoral; traballo que se vén de culminar coa aprobación da Lei do solo, que entrou en vigor no mes de marzo.
Engadiu que con este traballo non se pon punto e final; senón que se continúa traballando nun regulamento integral, cuxo borrador está na actualidade en fase de información pública, e que desenvolverá aspectos da nova norma que inciden directamente na súa aplicación práctica.
Por último, destacou o papel que xoga a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Galicia, que centra os seus esforzos na sensibilización dos cidadáns e o cumprimento da normativa. Recordou que o obxectivo da APLU non é sancionar nin castigar, todo o contrario; é a protección de todos os cidadáns que cumpren a legalidade urbanística.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149