PROVINCIA
75 nenos de 0-3 anos quedan sen praza na escola infantil de Ponteareas
O goberno local urxirá ao Consorcio de Benestar a concreción do compromiso para a construción da nova escola infantil.
O Concello de Ponteareas ven de cubrir a totalidade das prazas das que dispón na escola infantil municipal para todos os tramos de cero a tres anos. Das 134 solicitudes foron atendidas 65 xa que as restantes son cubertas polas nenas e nenos de menos de 3 anos que xa tiveron praza este curso no centro municipal.
A demanda de prazas na escola municipal, con respecto ao curso pasado incrementouse en 46 solicitudes máis, o que ven a demostrar a demanda existente para contar cunha nova escola infantil pois un total de 75 familias quedarán sen unha praza pública para as súas fillas e fillos de 0-3 anos
A concelleira responsable da Escola Infantil, Verónica Carrera pon voz á demanda dunha nova escola infantil para a localidade. “Se xa estivese construída a nova escola de 74 prazas, tal como se comprometeran a Xunta de Galicia e o anterior goberno en 2011, os pais e nais na lista de espera terían hoxe unha praza e, por tanto, unha mellor conciliación da vida familiar e laboral”, manifestou, engadindo que urxirá ao Consorcio de Benestar da Xunta de Galiza a concreción do proxecto e o compromiso económico para a súa construción.
Neste curso incrementouse a demanda de prazas que chegou a 134 das que 65 foron atendidas ata completar todas as aulas de 0 a 3 anos das que dispón a escola infantil municipal
O Concello de Ponteareas, un dos concellos coa poboación máis xoven do país, ten máis de 900 nenos e nenas de 0 a 3 anos e 6.370 persoas na franxa dos 20 a 40 anos, idade media potencial para ter fillos/as, o que confirma a necesidade urxente de contar con novas prazas de escolas infantís públicas.
A concelleira lembrou que as escolas infantís públicas son unha necesidade imperiosa, pois son uns recursos básicos nas sociedades desenvolvidas tanto pola súa función educativa como polo seu papel na conciliación da vida persoal e familiar.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184