DEPORTES
Óscar Martínez e Rebeca González triunfaron no Open de Galicia de Enduro en Gondomar
![[Img #25386]](upload/img/periodico/img_25386.jpg)
O Open de Galicia de Enduro regresou con forza na comarca pontevedresa do Val Miñor. Os riders elite Óscar Martínez del Campo (Xtrembike-Cannondale) e Rebeca González (Komanche) venceron na terceira edición do Circuíto Concello de Gondomar. Despois de catro xornadas celebradas do certame autonómico, o nigranés sitúase ao fronte da clasificación masculina, mentres que en mulleres Eva Abadín (Barbanzabike) conserva o maillot de líder.
O C.C. Bici Verde encargouse da organización dun evento que acumulou louvanzas por parte dos participantes. En total, 140 corredores apuntáronse a este reto celebrado sobre unha distancia de 31 kilómetros, con 1.400 metros de desnivel acumulado, e con saída e chegada no paseo Carlos Casares.
A proba constaba de cinco treitos cronometrados que tiveron como escenario as Comunidades de Montes de San Bieito, Mañufe e Santa Eulalia de Donas, e un último e espectacular parcial coa baixada polas escaleiras da igrexa de San Bieito, en pleno casco urbán de Gondomar. Cada un dos treitos estaba patrocinado por unha empresa do sector: Bicitour, Vigo Bike, Bici O Con, Anca e Máis Que Bicis.
O bo tempo tamén se quixo sumar a este espectáculo, pero nunhas condicións excelentes para a práctica desta disciplina, o día atravesouselle á líder feminina do Open de Galicia. Eva Abadín sufriu un calvario de avarías na súa bicicleta que non desaproveitou Rebeca González para anotarse a primeira vitoria da temporada. A representante do Komanche venceu con sete minutos e medio de diferencia.
Cumpríronse os prognósticos
Na competición masculina o nome de Óscar Martínez del Campo aparecía en todas as quiniela e non fallou moi preto da súa casa. Ante as ausencias do líder Rubén Rodríguez e de Toni Pérez, que tiveron que desprazarse por compromisos cos seus patrocinadores ao enduro de La Pinilla, o nigranés asumiu o papel de favorito dende o inicio. “Empecei a carreira motivado e despois de exprimirme ao máximo no primeiro treito, estaba seguro de que podía ser o meu día”, asegurou o rider do Xtrembike, que marcou o mellor crono en todos os parciais salvo no penúltimo.
“Cuns treitos tan rápidos era difícil sacar moita diferencia, e coa vantaxe que fun adquirindo puiden disputar os dous últimos máis tranquilo”, sinalou Martínez, que na clasificación scratch bateu por 17 segundos ao Master-30 José Manuel Groba, tamén do Xtrembike, e por 18” ao elite Mauro González (Salvaterra).
O gañador amosouse satisfeito por ter acadado unha vitoria “moi desexada e nunha carreira divertidísima. Todos gozamos co seu trazado e cos pichos do final”. Na entrega de premios estiveron presentes o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira; a concelleira Iria Lamas; o presidente da Comunidade de Montes de Mañufe, Manolo Gómez; e o directivo da Comunidade de Montes de San Bieito, Antón Fernández.
Na clasificación xeral masculina, Martínez recupera o primeiro posto que ocupou tras a primeira xornada, cando se impuxo na Vigo Bike Contest. A seguinte cita do Open de Galicia de Enduro será este domingo na vila pontevedresa de Salceda, organizada polo Xtrembike.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217