GALICIA
A Xunta pon en marcha un novo Centro de Descargas de Información Xeográfica, mási fácil de usar e con maior volume de arquivos
Está orientado á descarga de mapas e de ficheiros xeorreferenciados en diferentes formatos.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET) e en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), vén de publicar unha nova aplicación web do Centro de Descargas de Información Xeográfica da plataforma http://mapas.xunta.es (http://mapas.xunta.es/visores/descargas/).
Trátase dunha ferramenta orientada á descarga de mapas e de ficheiros xeorreferenciados en diferentes formatos. Nesta aplicación increméntanse en 225.298 os arquivos de información postos a disposición da poboación, pasando dos 46.945 arquivos existentes na versión anterior (que supoñían 1,1 Terabytes de información) a 272.243 arquivos (3,2 Terabytes), o que supón multiplicar por máis de cinco a información dispoñible ata o momento.
Con esta nova versión do centro de descargas de información xeográfica, trátase de acadar un triplo obxectivo: facilitar o uso da web por calquera cidadán; aumentar a información dispoñible; e incorporar a información en distintos formatos para o uso por parte dos profesionais.
Outras das novidades é que a aplicación é agora máis amigable, grazas á incorporación dun novo visor xeográfico no que o usuario pode buscar un ámbito territorial determinado mediante procuras por topónimo, coordenadas ou códigos catastrais.
Esta nova ferramenta ten un triplo obxectivo: facilitar o uso da web por parte de calquera cidadán; aumentar a información dispoñible; e poñer a disposición dos profesionais os arquivos en distintos formatos
A incorporación de miles de novos ficheiros con contido xeográfico permite actualmente o acceso e o uso público dun total de 272.243 ficheiros, entre series cartográficas en PDF (a escalas 250.000, 100.000 e 5.000), ortofotografías aéreas de distintos anos, mapas de usos e ocupación do solo en formato shapefile, ficheiros en formato ráster e ficheiros de datos LIDAR.
Esta nova aplicación supón un impulso á difusión simplificada e con alta calidade de información xeográfica, a través dunha plataforma fácil de usar que permite buscar a información segundo a necesidade do usuario, tanto de temática da información como de ámbito xeográfico. Esta plataforma poderá incrementar o número de ficheiros a descargar dun xeito sinxelo, polo que permitirá ao Instituto de Estudos do Territorio e a outros departamentos da Xunta de Galicia poñer a disposición da cidadanía a información xeográfica segundo se vaia producindo, dun xeito sinxelo é rápido.
O obxectivo para o futuro é continuar incrementando a información dispoñible no visor de descargas de información xeográfica, tanto en contidos como en distintos formatos, facendo que esta poida ter un uso o máis amplo posible.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149