NIGRÁN
Nigrán abre o periodo de inscrición aos campamentos municipais de verán
Duplícanse o número de prazas e por primeira vez poden optar nenos
a partir de 3 anos e adolescentes entre os 12 e 16 anos.
O Concello de Nigrán abre o prazo de inscrición aos campamentos municipais de verán trala publicación no BOP dos prezos públicos. Os interesados deben facer a súa solicitude no Rexistro do Concello (de 9.00 a 14.00 de luns a venres e os sábados de 9.00 a 13.00 horas). Estos campamentos están dirixidos a empadroados ou casos nos que o pai, nai, titor ou titora traballe ou posúa un negocio en Nigrán. As bases e os impresos necesarios pódense consultar no propio Concello, no CIM ou na web municipal (http://www.nigran.org/).
O Concello duplica as prazas con respecto ao ano anterior (pasan de 80 a 160) e da cabida por vez primeira a franxas de idade que ata agora non se contemplaban, xa que se incorporan nenos a partir de tres anos e se crea un xuvenil para adolescentes de entre 12 e 16 anos. O obxectivo é dar resposta a demanda real da veciñanza. Ademáis, establécense bonificacións para familias en situación de necesidade ou de dificultade económico-financieira.
O 'Campamento infantil verán 2016' terá lugar no CPI Panxón dende o 27 de xuño ao 29 de xullo de luns a venres e cun horario reducido de 9:00 a 14:00 horas ou ampliado de 7:45 horas a 15:15 horas. A tarifa xeral é de 85 euros e 75 euros respectivamente (21,25 ou 18,75 se está bonificado).
Por outra banda, o 'Campamento xuvenil verán 2016' será no Auditorio Municipal dende o 4 de xullo ao 29 de xullo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. A tarifa xeral será de 75 euros e a bonificada de 18,75 euros.
En ámbolos casos establécese a posibilidade de bonificar nun 75% os prezos públicos para as familias que se atopen nunha situación de necesidade ou dificultade económico-financieira. Esto suporía rebaixar o custe ata os 21,25 euros (18,75 se é horario reducido ou campamento xuvenil). Enténdese situación de necesidade ingresos mensuais de 681,03 euros en familias de dous membros ou 1.362,06 con sete membros. En calquera situación pódese restar ao ingreso mensual un máximo de 300 euros en concepto de hipoteca ou aluguer da vivenda habitual.
Para máis información as persoas interesadas poden consultar as bases na web municipal ou poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) Estrada pola vía, nº65, Panxón, teléfono: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184