MOS
Éxito rotundo da clase de Zumba ó aire libre en Costoias
A primeira sesión celebrada o pasado xoves congregou a preto de 200 persoas.
![[Img #25404]](upload/img/periodico/img_25404.jpg)
O xoves 2 de xuño impartiuse a primeira clase de Zumba ó aire libre en Costoias e hoxe a partir das nove da tarde levarase a cabo a segunda sesión. A primeira foi xa todo un éxito de afluencia, segundo declararon os concelleiros mosenses de Deportes e Cultura, Alberto Méndez e Sara Cebreiro, respectivamente; xa que se logrou congregar a un total de preto de 200 persoas.
O Concello de Mos e a Asociación Cultural San Martín de Tameiga organizan conxuntamente con motivo do inicio da programación das Festas da Rosa 2016 esta actividade gratuíta de Zumba. Como xa se dixo, as clases impártense no parque de Costoias, ó aire libre, e a iniciativa prolongarase durante todo o actual mes de xuño e o vindeiro mes de xullo, todos os martes e xoves en horario de 21.00 horas a 22.00 horas.
Trátase dunha actividade dirixida a participantes de todas as idades que, no caso de darse mal tempo, trasladarase ao local da Asociación. Sobre a mesma Cebreiro e Méndez dixeron sentirse “moi satisfeitos pola boa acollida e destacaron a importancia de iniciativas deste tipo, nas que os veciños e veciñas de Mos poden facer deporte xuntos; de xeito que, ó tempo que melloran a súa condición física e se fomentan hábitos de vida saudables, estréitanse tamén os lazos entre a veciñanza, feito moi importante ó longo de todo o ano, pero especialmente agora que nos atopamos vivindo a máis importante celebración municipal, a Festa da Rosa”, aseguran.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149