DEPORTES
Premio Concello de Salceda de Xtrembike
![[Img #25421]](upload/img/periodico/img_25421.jpg)
A Praza do Concello de salceda de Caselas foi o escenario elexido esta semana para a presentación da I Xtrembike "Gran Premio Concello de Salceda de Caselas ", que se celebrará o vindeiro domingo 12 de xuño, con saída e chegada na mesma Praza do Concello.
A proba transcorrerá por zonas de gran valor paisaxístico e natural como o Faro de Budiño, San Cibrán e a zona dos Agoeiros, puntos de referencia no traxecto de 35km. Trátase da derradeira proba (que puntúa o dobre) do Open Enduro Cannjondale 2016, optando o gañador a ser o piloto oficial para a próxima tempada 2017.
As inscricións péchanse o martes 7 ás 00:00, podendo facelo a través da páxina http://www.magmasports.es/. A proba contará coa presenza de grandes nomes no mundo da bicicleta, como Toni Ferreiro, líder actual da Xtrembike e campión de España, o portugués Zé Manel Borges do BH Gravity Team, Mauro Barreiro campión de ciclocross, Óscar Martínez líder provisional do Open Galego ou José Manuel Groba e Toni Perez campións de España da súa modalidade.
Á presentación asistiron Ivan Alonso patrocinador do evento de Alonso& Serodio Seguros e Juan José Nieves e Luis Miguel Carballo, organizadores do evento de Xtrembike, que agradeceron a colaboración das diferentes entidades que apostan e patrocinan este evento, que se leva realizando dende fai 4 anos e que será considerado deporte profesional a partires do próximo ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217