Mos
Emotivo encontro con Rubén Blanco a dous días do seu Pregón
O porteiro do Celta e os seus Mestres de Cerimonias, o Bruxo Queiman e Andrea Pousa, visitaron o Campo de Fútbol de Guizán xunto coa alcaldesa e os edís de Cultura e Deportes mosenses
![[Img #25494]](upload/img/periodico/img_25494.jpg)
O Pregoeiro das Festas da Rosa 2016, o porteiro do Real Club Celta de Vigo, Rubén Blanco, visitou esta tarde acompañado polo seu avó o Campo de Fútbol do Santiaguiño, na súa parroquia natal –Guizán-, onde deu os seus primeiros pasos futbolísticos. Nesta visita tan especial estiveron presentes tamén a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, e o edil de Deportes, Alberto Méndez; xunto cos artistas Andrea Pousa e o Bruxo Queiman, que farán de Mestres de Cerimonias de Rubén Blanco o vindeiro luns 13 de xuño, Día da Rosa e festivo local en Mos, ás 12.00 horas da mañá na Praza do Concello, cando Blanco dará o seu Pregón.
Os artistas galegos, embaixadores da Cultura Atlántica, o actor Bruxo Queiman e a cantante Andrea Pousa serán os encargados o luns de presentar e darlle paso ó Pregoeiro da Festa da Rosa en Mos, cun espectáculo personalizado, onde a declamación conmovedora de Bruxo Queiman e a voz sensitiva de Andrea Pousa deixaranse ver e soar na Praza do Concello de Mos.
Bruxo Queiman e Andrea Pousa garantiron durante o encontro desta tarde que será un acto moi emotivo, onde a protagonista será a Rosa de Mos e a exaltación da figura do xogador mosense, Rubén Blanco.
Os dous artistas acudiron esta tarde a Mos vestidos de Encaixe de Camariñas, facéndolle un guiño á IX Xuntanza de Palilleiras de Mos que se celebrará o vindeiro sábado 18 de xuño en Costoias, Tameiga, tamén con motivo das Festas da Rosa. Andrea Pousa estaba hoxe vestida de José Matteos cun deseño inspirado na Rosa e con complementos de Encaixe de Camariñas e o Bruxo Queiman, tamén viu vestido con complementos de Encaixe de Camariñas, realizados por José Matteos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149