Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 13 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Mos

Rubén Blanco, porteiro do Celta, fixo lectura do Pregón das Festas da Rosa esta mañá na Praza do Concello de Mos

Charo González, veciña da parroquia de Dornelas, gañou o primeiro premio do concurso de rosas

[Img #25500]

 

Dende as 9:00 horas  e ata ás 11:00 horas estivo aberto o prazo de presentación de exemplares para os concursos de rosas e empanadas de pan de millo. Así mesmo, ás 11.00 horas oficiouse a Misa Solemne cantada polo Coro de Voces Brancas de Celado.

 

 

[Img #25504]

A lectura do Pregón chegou ás 12.00 horas e correu a cargo porteiro do Real Club Celta de Vigo, Rubén Blanco, mosense natural da parroquia de Guizán. Blanco contou, como Mestres de Cerimonias, co Bruxo Queiman e Andrea Pousa. O futbolista amosou con orgullo ás súas raíces de mosense na lectura dun pregón no que estivo visiblemente emocionado.

 

 

[Img #25505]

Tras a deliberación dos correspondentes xurados, fixéronse públicos os premiados nos dous concursos. Os vencedores do concurso de empanada de pan de millo foron: Premio á mellor presentación (150 euros): Sara das Dores e  Premio ó mellor sabor (150 euros): Pilar Alonso.

 

 

[Img #25506]

Mentres que os gañadores do concurso de rosas foron:  3º Premio (100 euros): Conchi Campos (de Pereiras);  2º Premio (150 euros):  Mari Abella (de Petelos) e  1º Premio (200 euros): Charo González (de Dornelas)

 

Tras a entrega de premios chegaron as intervencións institucionais da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez.

 

 

[Img #25507]

 Os actos matinais pecháronse cun concerto da Banda Orquestra Sinfónica da Escola de Música de Mos.

 

Todo o mundo puido probar a empanada con racións a prezos populares.

 

Este día grande das Festas da Rosa 2016 contou, entre outras autoridades, coa presencia de: Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación universitaria, Ana Pastor, ministra de Fomento en función, Fátima Báñez, ministra de Emprego en función, Antonio Coello: subdelegado do goberno en Pontevedra, Ángel Rodal, alcalde de Baiona,  Julio César García-Luengo, alcalde de Crecente

 

Na presente edición da Festa da Rosa destacou  a  afluencia de xente, a pesar de ser luns e de que a climatoloxía non acompañase, xa que choveu durante prácticamente toda a mañá.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.