Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 14 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta de Goberno aproba dúas accións formativas en atención á dependencia e formación profesional para o emprego

A selección do profesorado e alumnado destas accións, ás que a Deputación destina preto de 70.000 €, farase a través da Oficina de Emprego.

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas accións formativas baixo os nomes de “Atención soniosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” e “Docencia da formación profesional para o emprego”, ás cales destinou en total 69.256,50 €. O Goberno provincial aprobou estes cursos integrados na convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio de 2016, unha Orde publicada o 29 de decembro de 2015 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

 

A actividade “Atención soniosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais” ten un orzamento de 32.646 € e se desenvolverá entre o 5 de xullo e o 18 de novembro do presente ano, facendo un total de 94 días lectivos (468 horas), en horario de 9 a 14 horas. Á segunda delas, “Docencia da formación profesional para o emprego”, destináronse 36.610,50 €. A acción dará comezo o 4 de xullo e se estenderá ata o vindeiro 27 de outubro, no mesmo horario que no caso anterior, e durante 80 días lectivos (398 horas).

 

Estas dúas accións formativas desenvolveranse no Centro Príncipe Felipe, e a selección tanto do seu alumnado como do profesorado que as impartirán farase a través dunha sondaxe na Oficina de Emprego.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.