Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 15 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación adxudica as bolsas de práctica laboral nas oficinas de turismo municipais da provincia

Catorce bolseiras e bolseiros prestarán servizos de información e asistencia turística durante os vindeiros meses de verán.

A Deputación de Pontevedra, mediante a Xunta de Goberno, vén de aprobar a adxudicación  de catorce bolsas de práctica laboral para as oficinas de turismo municipais da provincia durante os vindeiros meses de verán, cun investimento de 39.832,48 €. As persoas beneficiarias teñen estudos de Turismo ou graos superiores en Información e Comercialización Turística ou en Guía, Información e Asistencia Turística.

 

Os bolseiros e bolseiras van prestar servizos de información e asistencia turística en oficinas de turismo municipais e puntos de información turística da provincia. En concreto estarán en Cangas, Sanxenxo, Silleda, Moaña, Vilagarcía de Arousa, Marín, A Illa (2), Nigrán, Ribadumia, Soutomaior (Castelo), Meis (Mosteiro de Armenteira), Vilanova de Arousa e O Grove.

 

Nove bolsas terán unha duración de tres meses, dende o vindeiro 15 de xuño ata o 14 de setembro, mentres que as outras cinco durarán cinco meses, tamén dende o 15 de xuño ata o 14 de novembro. A asignación mensual de cada bolsa será de 800 € para os titulados e tituladas universitarios e 700 € para os ciclos superiores de formación profesional.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.