Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 15 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Mos reabre a piscina de San Eleuterio con motivo da tempada estival

O horario de apertura será de 11.00 horas a 22.00 horas ininterrumpidamente.

[Img #25596]

 

O concelleiro de Deportes, Alberto Méndez, anunciou que hoxe, mércores 15 de xuño, abrirá as súas portas ó público a Piscina Municipal ó aire libre de San Eleuterio. Estas instalacións constan de dous vasos, un grande e un pequeno, destinado este último ó uso e desfrute dos cativos de menor idade.

 

A piscina permanecerá aberta ao público durante un período total de tres meses: dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro.

 

Previamente á posta en funcionamento desta área de lecer, dende o Concello de Mos realizáronse labores de limpeza xeral de ambos vasos con reposición de auga e realización dos correspondentes tratamentos da mesma.

 

Estes traballos de mantemento realizáronse, segundo informou o edil Alberto Méndez, “para que todo estivese a punto e en perfectas condicións de uso no momento da apertura da piscina que terá lugar mañá mesmo”. A Piscina de San Eleuterio foi inaugurada en xullo de 2010.

 

O horario de apertura da piscina será de 11.00 a 22.00 horas ininterrumpidamente durante os meses de xuño e xullo; e de 11.00 a 21.00 horas o mes de agosto e do 1 ó 15 de setembro. As instalacións, que constan de dúas piscinas: unha grande e unha pequena -para os nenos de máis curta idade- como xa se dixo, e de baños, contarán en todo momento cos servizos dun socorrista. A piscina está situada na zona oeste da urbanización de San Eleuterio, na parroquia mosense de Tameiga, xunto ó parque infantil e a pista deportiva.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.