MOS
Mos investirá preto de 300.000 euros na mellora de dous viais municipais
Trátase do Camiño de Merouces na parroquia de Mos e o Camiño das Pozas, en Petelos, que comunica a Capela de San Amaro co Multiusos.
![[Img #25600]](upload/img/periodico/img_25600.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os concelleiros mosenses de Patrimonio, Camilo Augusto, Vías e Obras, Luis Alonso, e Medio Ambiente, Julia Loureiro, informaron onte da inminete mellora de dous viais municipais financiada con sendas axudas autonómica e provincial. Os dous viais son os camiños rurais de Merouces, na parroquia de Mos, e o Camiño das Pozas en Petelos.
Camiño de Merouces
Para a mellora deste vial cóntase coa concesión ó Concello de Mos por parte da consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, dunha subvención do Plan Marco: mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016, destinándolle a este municipio a cantidade de 54.860 euros.
O presente Plan Marco ten por obxecto promover investimentos destinados á mellora da rede viaria existente no medio rural para facilitar a accesibilidade as explotacións agrarias.
Son subvencionables ao abeiro deste Plan Marco as actuacións de ampliación, mellora ou mantemento dos camiños municipais de acceso a explotacións agrarias.
Este importe de preto de 55.000 euros está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5% por fondos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e nun 17,5% por fondos propios da Xunta de Galicia.
Este proxecto enmarca unha serie de actuacións co obxectivo de mellorar o entorno rural dos barrios e parroquias. En concreto trátase do Camiño de Merouces, na parroquia de Mos, e contempla traballos necesarios para a mellora da pavimentación do citado camiño co fin de favorecer o acceso ós veciños da zona ás súas fincas agrícolas e ás fincas de montes en mancomún. En concreto ubícanse dúas fincas agrícolas con explotacións agrarias, (viñedo) e dúas zonas de monte. O acceso mellórase na zona do camiño máis deteriorada exclusivamente, centrándose no camiño no seu percorrido de oeste a este e no camiño de acceso ó mesmo polo este.
Actualmente no Camiño de Merouces a capa de rodadura está formada por un pavimento de aglomerado asfáltico, que se atopa en estado irregular con baches e fisuras en prácticamente a totalidade da súa superficie.
Pola súa traza discorre un colector de augas residuais e ten recollidas puntuais de augas pluviais. Ademais ten cunetas que en moitos lugares están deterioradas e noutros non existen, provocando un excesivo deterioro do pavimento.
O obxecto do presente proxecto é a acometida dunha nova capa de rodadura, tomando como base o pavimento actual. Para elo, previo barrido da superficie, aplicarase un rego de adherencia para posteriormente extender unha capa de mezcla bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor. Así mesmo realizarase o desbrozado mecánico de cunetas e taludes por ambas marxes do camiño.
En determinadas zonas executarase sobreancho, mediante excavación para saneo de terras que substituiranse por macadam. Como complemento á recollida de augas pluviais realizarase unha cuneta de formigón, con elementos prefabricados ou execución “in situ”, nalgúns tramos previamente indicados no proxecto. Unha vez finalizados os traballos de pavimentación será necesario reubicar, á nova cota, as tapas dos pozos de rexistro e/ou arquetas dos servizos existentes.
As actuacións abarcan tramos que suman unha lonxitude aproximada de 560 metros e unha superficie de 2.953,50 metros cadrados.
Camiño das Pozas
Para a mellora e humanización do Camiño das Pozas, que une a Capela de San Amaro co edificio Multiusos, foi necesaria a cesión dos terreos da Comunidade de Montes de Petelos na zona de As Pozas ó Concello de Mos para que a administración local poida acometer as obras de humanización e ampliación de prazas de aparcadoiro previstas para este lugar e nas que o Concello de Mos investirá 200.000 euros. Para elo cóntase coa subvención do Plan de Obras e Servizos do Plan de Concellos da Deputación.
Nos terreos adquiridos ós comuneiros realizaranse as anteriormente citadas obras de aparcadoiro nas Pozas e a humanización da estrada que conduce ó centro Multiusos dende a Capela de San Amaro.
Este proxecto enmárcase nas iniciativas que o goberno local tiña previsto poñer en marcha na presente lexislatura e que teñen como referencia buscar espazos para o uso das persoas. Estas obras a acometer próximamente en As Pozas, parroquia de Petelos, son consideradas por Arévalo, rexedora local mosense, como “traballos de vital importancia para a seguridade das persoas que transitan por esa zona”.
Na adquisición dos terreos da Comunidade de Montes o Concello de Mos investiu 25.000 euros.
Actualmente nesta zona non hai case lugar onde aparcar e é necesario dotar de prazas de aparcamento o contorno dun edificio tan concorrido e que se atopa ubicado nas Pozas, área que concentra moitas outras dependencias públicas como son o Multiusos, o Colexio de Petelos, o IES de Mos, o Pavillón Óscar Pereiro, a Piscina Municipal; así coma os novos parque e pista de skate.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o edil de Vías e Obras e natural ademáis da parroquia de Petelos, Luis Alonso, explicaban hoxe que un dos obxectivos desta obra é a mellora da seguridade vial para os moitos peóns que a diario transitan pola zona; xa que se nese lugar os vehículos se atopan correctamente estacionados os peón terán un espazo delimitado e seguro por onde camiñar. Xa que este lugar reúne a multitude de veciños e veciñas de tódalas idades, pero sobre todo maiores.
A nova beirarrúa na marxe esquerda da estrada, da que se dotará a zona, terá un ancho de 2 metros e as novas zonas de aparcadoiro distribuiranse en forma de espiña de peixe no tramo final máis próximo ó Multiusos. A humanización dos espazos permitirá o soterramento das redes aéreas do servizo (baixa tensión, telecomunicacións e alumeado público) que interrumpen o trazado dos novos espazos públicos. Ademais plantaranse algunhas árbores nas zonas onde se dispón de espazo suficiente. Outra das actuacións secundarias consiste na dotación de sinalización vertical e horizontal para a mellora da seguridade viaria. Proxéctase tamén a execución de 3 novos vados de acceso ás parcelas unifamiliares no tramo inicial. Unha vez iniciados os traballos, o prazo aproximado da execución das obras será de 4 meses.
“Os servizos para a cidadanía son e serán para nós a prioridade nesta zona e en toda a localidade”, declararon xa para concluír os representantes municipais.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149