GALICIA
A época de perigo alto de incendios forestais en Galicia irá do 1 de xullo ata o 30 de setembro
DOG publica esta semana unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se declara este período, de acordo coa normativa sobre prevención e defensa contra os lumes forestais en Galicia.
![[Img #25598]](upload/img/periodico/img_25598.jpg)
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica esta semana unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se declara como época de perigo alto de incendios forestais a comprendida entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
A publicación desta Orde no DOG faise efectiva de acordo co establecido polo artigo 9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
Esta norma establece que, en consideración aos antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume, a consellería con competencias en materia forestal definirá a época de perigo alto que condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149