GALICIA
Máis de 13.000 mozos e mozas participaron nos obradoiros impartidos polos centros Quérote+ neste curso
Con este acto deuse por concluído o ciclo de obradoiros que os técnicos do Quérote + impartiron durante este curso escolar en centros de toda Galicia, que se centraron na construción de ferramentas para o desenvolvemento persoal de mozas e mozas en aspectos vinculados á sexualidade e á afectividade; á imaxe corporal e autoestima; á convivencia entre iguais, sexa no espazo físico ou no virtual e no consumo de drogas.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, participou no IES Fin do Camiño de Fisterra na presentación dun vídeo promocional dos recursos do servizo Quérote +, realizado polos alumnos e alumnas deste centro dentro do seu proxecto multidisciplinar "De ti a ti", que pretende fomentar a información entre iguais e enriquecer a aprendizaxe dos alumnos/as en varias materias, entre elas, a educación para a cidadanía.
A directora xeral animounos a seguir con este proxecto, xa que “que as accións realizadas polos propios compañeiros e compañeiras de clase ou de grupos de iguais teñen máis impacto e atención que as realizadas por persoas adultas, polo que é de interese promover este tipo de campañas protagonizadas pola propia mocidade”. O vídeo pódese ver no seguinte enlace.
Con este acto tamén se deu por concluído o ciclo de obradoiros que os técnicos do Quérote + impartiron durante este curso escolar en centros de toda Galicia, que se centraron na construción de ferramentas para o desenvolvemento persoal de mozas e mozas en aspectos vinculados á sexualidade e á afectividade; á imaxe corporal e autoestima; á convivencia entre iguais, sexa no espazo físico ou no virtual e no consumo de drogas; contribuíndo á convivencia harmónica e respectuosa na comunidade.
Neste curso que remata os centros Quérote+ acudiron a máis de 100 centros de ensino, impartindo un total de 542 obradoiros, nos que participaron máis de 13.000 estudantes de secundaria dos centros de ensino de Galicia.
Ademais dos coñecementos e competencias dos obradoiros, os mozos e mozas que participan nos mesmos tamén coñecen un recurso que a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon á súa disposición ao longo de todo o ano: o servizo de consultoría Quérote+, ao que poden acudir ao longo de todo o ano para resolver as súas dúbidas, tanto de forma presencial como por teléfono, mensaxería instantánea ou vídeo chat.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149