Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 16 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

O primeiro festival de música infantil do sur de Galicia convirte a Mos, unha vez máis, nun Concello pioneiro

Leva o nome de Canto Conto e está promovido por As Maimiñas, a Editorial Galaxia e o Concello de Mos dentro da programación das Festas da Rosa.

 

 

Onte realizouse no Salón de Sesións do Concello de Mos, ás 12.30 horas, a presentación do I Festival Canto Conto, incluído na programación das Festas da Rosa 2016.

 

Á mesma asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, Xulio Amigo de Editorial Galaxia e as integrantes do dúo As Maimiñas, Mai –Lucía Lago Fernández- e Miña –Irene Álvarez Lago-.

 

Sobre o festival a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, declarou que “o Concello de Mos pode sentirse orgulloso de ser pioneiro no sur de Galicia organizando o primeiro festival de música infantil”, ó que animou a levar ós seus fillos/as a tódolos pais e nais de Mos, da Área Metropolitana, da provincia de Pontevedra e incluso de Galicia para que se acheguen a disfrutar desta singular iniciativa.

 

E é que tan só se celebrou un antecedente destas características na comunidade autónoma galega, e foi na provincia da Coruña.

 

Pola súa banda As Maimiñas dixeron respecto deste certame do que son protagonistas que esperan que sexa a primeira edición de moitas e que se trata da mellor alternativa para pasar un día completo de lecer en familia. Ademais de música, o I Festival Canto Conto incluirá múltiples actividades como globoflexia, contacontos, obradoiros de arxila, etc.

 

O festival celebrarase o vindeiro domingo 19 de xuño, nos exteriores do Pazo de Mos, contando coas actuacións de As Maimiñas (12.30 horas), Oviravai (17.00 horas), e A Gramola Gominola (19.00 horas).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.