Miércoles, 21 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 16 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Leiceaga visita Salceda de Caselas para coñecer as súas necesidades

[Img #25630]

 

O candidato socialista á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, visitou hoxe o Concello de Salceda, da man da súa voceira e secretaria xeral Verónica Tourón, dentro da ronda de actos electorais que está a realizar por Galicia co gaio das eleccións xerais.


Leiceaga, acompañado por Tourón e Gela Ledo, concelleiras de Salceda, pola Voceira do PSdeG de Salvaterra, Rocío Bernárdez, polo Secretario Xeral de Xuventudes e polo membro do Comité Nacional Galego do Porriño, Iván Vaqueiro, visitaron o mercado de Salceda para pedir o voto para Pedro Sánchez, e visitaron tamén o IES Pedras Rubias, onde Leiceaga coñeceu de primeira man as necesidades do centro, tanto en servizos e aulas como en ensino post obrigatorio, algo que demandan os veciños de Salceda. A Voceira socialista agradeceu a visita de Leiceaga a Salceda e o seu compromiso de impulsar en Galicia a súas demandas a través do Parlamento Galego "é moi importante para Salceda ter ensino post obrigatorio para que os nosos mozos/as non teñan que desprazarse a outros concellos e ter as mesmas oportunidades".


"A Plisán de Salvaterra, unha mostra do fracaso da política industrial do PP"


Xoaquín Fernández Leiceaga visitou tamén da man de Rocío Bernárdez, Verónica Tourón e Iván Vaqueiro, as obras paradas da Plataforma Loxística de Salvaterra (PLISAN), "case 4 millóns de metros cadrados de solo loxístico industrial parados, e onde puideron coñecer a parálise da Xunta de Galicia que nin paga aos afectados, nin impulsa as obras de urbanización do mesmo".


"Mentres hoxe mesmo Núñez Feijoo, afirmaba hoxe mesmos, que está a impulsar a PLISAN, vemos agora mesmo, as maquinas paradas, os terreos anegados e toda a obra, parada. Unha mostra máis da desastrosa política industrial do PP, nun intre no que as empresas están a fuxir a Portugal", afirmaban os socialistas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.