Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 17 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

Un condutor resultou ferido na localidade da Estrada ao chocar contra un poste da luz

Un home resultou ferido despois de chocar co vehículo que manexaba contra un poste da luz. No momento de producirse o accidente, o vehículo circulaba pola PO-841, no punto quilométrico 17, á altura do termo municipal de A Estrada. Ás 07:44 horas de hoxe, un particular chamaba ao CAE 112 Galicia para alertar do suceso. Ademais, indicaba que o condutor podía estar atrapado no interior do turismo. Así, dende o 112 Galicia, alertouse a Urxencias Médicas, Bombeiros do Deza e aos efectivos do GES de A Estrada que, unha vez no lugar, puideron sacar á persoa do interior do vehículo sen que fose preciso o emprego do material de excarceración. Debido ao forte impacto, o poste de alumeado público quedou tirado na estrada, polo que, o persoal do 112 Galicia pasou aviso á empresa subministradora  de electricidade. A intervención dos axentes de Tráfico, persoal de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada tamén foi requirida polo 112 Galicia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.