Provincia
Os Bolechas visitan o Museo de Pontevedra para dar a coñecer a figura de Castelao
O Sexto Edificio acollerá o vindeiro sábado 18 a festa presentación da guía 'Os Bolechas coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra'
Os Bolechas, a familia da serie infantil máis popular da ficción galega, desembarcarán o vindeiro sábado no Museo de Pontevedra para dar a coñecer a figura e a traxectoria de Castelao entre o público familiar. O motivo da visita ao Museo é a presentación pública da guía 'Os Bolechas coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra', editada en colaboración coa Deputación de Pontevedra con motivo das efemérides que este ano se celebran en relación co autor rianxeiro.
A presentación está prevista para as 12 horas no Auditorio do Sexto Edificio e a asistencia será gratuíta ata completar o aforo da sala. Comezará coa presentación do libro a cargo dos propios irmáns 'Bolechas', e continuará cun percorrido polo Sexto, para rematar cunha festa no espazo exterior. Para isto, diante da entrada principal aparcará o 'coche dos Bolechas' que porá a banda sonora co seu disco, habilitarase un espazo para pintar e debuxar láminas relacionadas co autor rianxeiro, realizarase un obradoiro de maquillaxe para que os e as participantes se poidan caracterizar coma pequenos Castelaos, e tamén se disporán xogos populares e un taller de chapas relacionado coa figura do artista.
"Os bolechas coñecen a Castelao no Museo de Pontevedra" nace coa intención de achegar a figura de Castelao, así coma a súa extensa traxectoria, ás xeracións actuais dun xeito lúdico e adaptado ás idades máis temperás. Na guía, os irmáns Bolechas coñecen da man do avó Emiliano a historia biográfica do artista de Rianxo a partires dun paseo que están dando pola cidade de Pontevedra e que toma como eixo central o propio Museo. Deste xeito, actualízase unha figura intelectual e toda a súa significación histórica e sálvase a distancia temporal de 100 anos entre a chegada de Castelao á cidade e a actualidade.
A guía será entregada ás cativas e cativos que se acheguen o sábado ao Sexto e, partires do sábado, será distribuída nas bibliotecas e puntos de lectura dos concellos da provincia, e a través do grupos de centros educativos que visitan o Museo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149