MOS
Unha palilleira de récord na Xuntanza de hoxe en Mos
Raquel M. Adsuar foi recibida no Concello pola alcaldesa Nidia Arévalo e a concelleira Sara Cebreiro.
![[Img #25691]](upload/img/periodico/img_25691.jpg)
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura mosense, Sara Cebreiro, recibiron onte no Concello a Raquel M. Adsuar, palilleira de Denia, Alicante, que acudiu acompañada pola presidenta da Asociación de Palilleiras de Mos, Monsterrat Pereira Troitiño e outras integrantes da agrupación. Raquel, blogueira reputada e moi seguida a través de Youtube, trouxo a súa peza de encaixe máis grande: un abanico confeccionado con 450 palillos e 23 puntos de encaixe diferentes. As dimensións desta auténtica obra de arte son dun metro de ancho por 40 centímetros de alto, trátase do abanico de Encaixe de Torchón máis grande do mundo, para o que a súa autora, que é ademais violinista profesional adicada á docencia, está a tramitar o Record Guinness. Raquel Adsuar tardou en remátalo catro meses e medio, adicándolle nalgunhas ocasións ata 15 horas diarias de traballo.
Durante a xuntanza de hoxe Raquel palillará unha peza para a que empregará un total de 2.000 bolillos.
A tradicional Xuntanza de Palilleiras con motivo das Festas da Rosa chega este ano á súa novena edición cun auténtico récord de participantes preinscritos, que a data de onte ascendían a 615 persoas.
A IX Edición da Xuntanza de Palilleiras de Mos celebrarase en Costoias-Tameiga hoxe sábado, 18 de xuño, a partir das 10.30 horas.
A Xuntanza de Palilleiras é xa un referente para un gran número de asociacións que dende moitos puntos de Galicia se achegan a Mos cada ano. Nesta ocasión visitarán a localidade mosense asociacións de palilleiras chegadas dende Fene, A Guarda, Redondela, Pastoriza, A Coruña, Ourense, Laxe, Burela, Sanxenxo, Portonovo, Nigrán, Camariñas, Vigo, etc.
A de Mos é unha xuntanza diferente á de outros concellos, xa que ten lugar ao aire libre, nun entorno como o Parque de Costoias. Este ano é ademais moi especial para a Asociación de Palilleiras de Mos, xa que contan coa visita de Raquel M. Adsuar.
A xornada de encontro contará coa actuación de Cristian de Samil, ás 17:00 horas, que será o encargado de poñer o toque de humor a esta novena edición. O sorteo de agasallos e despedida realizarase ás 19.30 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149