Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Domingo, 19 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Concedidos para Mos dous obradoiros de emprego nos que o Concello volcarase coa conciliación e o medio ambiente

O Concello prioriza a conciliación da vida familiar e laboral e a creación dun Mos verde nas novas iniciativas de promoción do emprego.

[Img #25690]

 

O Concello de Mos ten concedidos para o presente ano 2016 pola consellería de Economía, Emprego e Industria dous novos obradoiros de emprego. A este respecto informaban hoxe a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto.


Ambas iniciativas levarán por título Obradoiro de Emprego “ConciliaMos” e Obradoiro de Emprego do Sistema de Garantía Xuvenil “Mos Verde”, respectivamente.


“ConciliaMos” é  un programa mixto de formación e emprego, que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas maiores de 18 anos, mediante a realización de obras ou prestacións de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos/as participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co traballo a desenvolver, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.


O proxecto incorpora formación profesional, ao abeiro dun certificado de profesionalidade, e aúna ao mesmo tempo unha práctica profesional, que permite a realización dun traballo efectivo.

 

O/A alumno/a – traballador/a, dende o inicio da súa participación no Obradoiro de Emprego, será contratado na modalidade do contrato de formación e aprendizaxe, sendo a súa duración de 6 meses, así como unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional.

 

As dúas especialidades coas que contará este obradoiro son ‘dinamización social e educativa do tempo libre infantil e xuvenil’ e ‘dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil’. Os alumnos/as-traballadores/as das mesmas levarán a cabo actividades de atención e dinamización educativa de nenos/as menores de tres anos nas Escolas Infantís Galiña Azul do Municipio, prestarán apoio ó Plan Madruga e ó comedor escolar nos Centros de Educación Infantil e Primaria mosenses, porán en marcha un servizo de aopio familiar e de realización de actividades extraescolares, e atenderán necesidades educativas de nenos/as e mozos/as no tempo libre centrándose no alumnado da ESO de cara a evitar o abandono escolar así como problemas condutuais que puideran derivar en expulsións; todo elo orientado e co obxectivo fundamental de posiblitar e/ou facilitar ós/ás pais e nais mosenses a conciliación da vida familiar e laboral.

 

Dentro deste Obradoiro “ConciliaMos” tamén se levará a cabo un proxecto de posta en valor de espazos públicos e medioambientais do municipio e elementos/estruturas de madeira e mobiliario urbán a ubicar no Parque de Santiaguiño.

 

Por outra banda “Mos Verde” é un programa mixto de formación e emprego, que ten por finalidade mellorar a ocupabilidade de mozos e mozas inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil, mediante a realización de obras ou prestacións de servizos de interese xeral e social que posibiliten aos alumnos/as participantes a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación profesional para o emprego recibida, relacionada directamente co traballo a desenvolver, procure a súa cualificación profesional e favoreza a súa posterior inserción laboral no mercado de traballo.

 

Os destinatarios deste obradoiro deberán ter unha idade igual ou superior a 18 anos e ser menores de 30 anos,  desempregados/as, inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia, e que cumplan os requisitos establecidos na normativa do contrato para a formación e aprendizaxe ademais do Sistema de Garantía Xuvenil.

 

O proxecto incorpora formación profesional, ao abeiro dun certificado de profesionalidade, e aúna ao mesmo tempo unha práctica profesional, que permite a realización dun traballo efectivo.

 

As actuacións que se levarán a cabo durante o mesmo son limpeza en espazos públicos abertos, xestión de residuos urbanos e industriais incidindo na compostaxe e reciclaxe, e control e protección do medio natural (dentro da que sería a primeira liña de actuación do obradoiro); e deseño de productos gráficos  e interpretación e educación ambiental (na segunda liña de actuación).

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.