Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 17 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra asegura que "racha co modelo clientelar e arbitrario do antigo PAC"

O Plan Concellos integra os fondos que o ano pasado se destinaron ó PAC para que sexan os propios municipios os que decidan onde investir os recursos.

A nova Deputación de Pontevedra decidiu reformular o antigo PAC, (Plan de Acción Comunitaria), o sistema de axudas  destinado a asociacións que empregaba o anterior goberno provincial, ao detectarse "determinados casos cuxos fondos foron empregados para subvencionar indirecta e irregularmente competencias propias dos concellos, fundamentalmente do PP, e outras moitas que nin lle competen á institución provincial nin ós propios concellos, xa que lle corresponden a institucións como a Xunta de Galicia ou a Igrexa".

 

"Entre outras cuestións, a través do PAC o ex presidente Louzán chegou a repartir recursos da Deputación para reparar "necesidades" como tellados de igrexas, andas de imaxes relixiosas, adquirir menaxe para cociñas, mercar sinais de tráfico, crear zonas de esparexemento, o incluso procurar a mellora dos biótopos de coellos. Tamén chegáronse a realizar a través do PAC obras municipais (ampliacións de camiños, parques infantís, construcións de aseos e mellores en centros sociais municipais, etc.), a maioría delas sen licenzas e de xeito irregular" aseguran.

 

Engaden que "Amais, o 20% do reparto do millón de euros do PAC repartíao directamente o ex presidente por libre disposición, entre outros, a certas agrupacións (que non asociacións) de veciños achegados ó PP ou militantes deste partido, moitas delas cun mínimo de tres veciños, sen CIF e sen estar constituídas como asociación.  O 80% restante, a través dunhas bases de pública concorrencia, tiñan como protagonistas ós "conseguidores", concelleiros populares que actuaban nos concellos onde non gobernaban  como intermediarios entre a Deputación e as asociacións. É máis, os xefes de servizo denunciaron  que as resolucións tiñan que facerllas chegar antes ó 'conseguidor' que o solicitante".

 

"O reparto tiña, polo tanto, un claro criterio político e un sistema de reparto aleatorio e sen control, que en numerosas ocasións tivo que ser freado polos técnicos da Deputación, e que provocou nos últimos anos que moitas asociacións tiveran que acabar por devolver os cartos de estas inversións en tanto non eran capaces de xustificar adecuadamente a mesma" explican.

 

Por todo elo, o novo goberno da Deputación de Pontevedra decidiu "romper con esta dinámica clientelar do reparto de fondos públicos, para trasladar estes fondos dun millón de euros do antigo PAC ó Plan Concellos, un plan equitativo e equilibrado".

 

 

 

Deste xeito son os propios municipios de menos de 50.000 habitantes (os de máis desta poboación contan con convenios propios), os que teñen agora a disposición económica para realizar as melloras ou o equipamento na rede de centros sociais do municipio, como de feito moitos concellos da provincia xa están a facer. Tamén son os concellos os que poden facer investimentos para mellorar as redes de auga ou de saneamento que son competencia municipal. No caso de que estas redes sexan privadas os concellos deberían solicitar a cesión para poder actuar nelas.  Se son privadas nin os concellos, nin as deputacións están habilitadas para actuar nelas.

 

 

 

"Debe de quedar claro que según a lei as Deputacións teñen como gran obxectivo garantir os servizos básicos nos concellos de menos de 20.000 habitantes. A lei que rexe as nosas competencias foi aprobada polo PP.Por elo, o que fai esta nova Deputación e cumprir coa lexislación. O  PP minte e pretende que se manteña un modelo desequilibrado que o actual goberno rexeita total e absolutamente" explican.

 

En calquera caso, as asociacións poden solicitar apoio da Deputación de Pontevedra a través dunhas amplas liñas de subvención do servizo de cultura e lingua (actividades culturais do Ano Castelao, dinamización do galego, dinamización lingüística  ou Pontegal 2016), do servizo de cohesión social e xuventude (actuacións no ámbito dos servizos sociais, sociosanitarios e da xuventude para entidades sen fins de lucro; proxectos sociais; en Ruta coa Depo 2016; Depo en Marcha 2016; Tecendo Lazos 2016; Depo Termal 2016; Depo Rúarte 2016; Depo Aventura A Lanzada 2016 ou formación en linguas estranxeiras), do servizo de deportes (axudas ó deporte federado e de base 2016; ó deporte federado de ámbito nacional 2016; para actividades deportivas 1 e 2, para actividades deportivas extraordinarias ou a Copa de Fútbol Deputación de Pontevedra), do servizo de emprego (plan de práctica laboral, fomento Asociacionismo, fomento de cooperativas), do servizo de igualdade (fomento da igualdade de oportunidades e loita contra a violencia de xénero dirixida ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro) e do servizo de turismo (actividades de carácter turístico),  entre outras moitas máis que se poden consultar na web www.depo.es.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.