Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 20 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra solicita que se facilite a acollida no Día Mundial das Persoas Refuxiadas

Foxen de distintos conflictos bélicos, a maior parte de Oriente Medio e tras chegar a Europa cruzan os Balcáns na búsqueda dun novo fogar. Este é o periplo que atravesan milleiros de refuxiados e refuxiadas que chegan ao continente na procura dun novo fogar. A desesperación e a falta de oportunidades móveos a arriscar as súas vidas por conseguir un futuro en paz; unha situación que no día de hoxe se lembra coa conmemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas.

 

A Deputación de Pontevedra, en atención á proposta da Axencia de Nacións Unidas, únese á petición #ConLosRefugiados #CosRefuxiados neste 20 de xuño para garantizar que as nenas e nenos teñan acceso á educación; que as familias teñan un lugar seguro onde vivir; e que as persoas refuxiadas poidan  traballar e formarse para contribuir ás súas comunidades.

 

Na súa esixencia e o seu apoio a estes colectivos que están vivindo o esquecemento por parte da comunidade internacional, a Deputación exhibiu no Pazo Provincial a mostra dos fotoxornalistas galegos Felipe Carnotto e Adrián Irago, de fotografías realizadas entre setembro e outubro de 2015, nas que documentaron as vivencias das persoas refuxiadas para chegar a Lesbos, en Grecia. Agora mesmo as imaxes poden contemplarse no Concello da Guarda, unha mostra que seguirá percorrendo outros municipios da provincia.

 

Na campaña de sensibilización da cidadanía, a Deputación tamén organizou unha xornada denominada “Na procura de refuxio” para concienciar sobre a situación de todas as persoas que se viron forzadas a deixar os seus fogares e fuxir cara Europa e para reclamarlle ás institucións europeas que faciliten a súa acollida.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.