Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 22 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Os escolares mosenses puideron coñecer o labor dos Corpos de Seguridade

O Parque da Pesqueira acolleu onte unha espectacular exhibición cun gran despregamento de medios tanto materiais coma humanos por parte da Garda Civil, Policía Local, Policía Xudicial, Protección Civil e Emerxencias.

[Img #25805]

 

Onte realizouse no Parque da Pesqueira, parroquia de Mos, unha actividade de exhibición dos Corpos e Forzas de Seguridade para alumnos e alumnas dos Centros Educativos de Primaria do municipio mosense, organizada conxuntamente entre o Concello de Mos e a Comandancia da Garda Civil.


A iniciativa prolongouse dende as 11.00 horas ata as 13.00 horas e disfrutaron dela un total de 514 escolares de Educación Primaria dos colexios de Atín, Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Mestre Valverde Maio de Sanguiñeda e Colexio Lar.


Os cativos recibiron ademais a visita da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o subdelegado do goberno en Pontevedra, Antonio Coello, o concelleiro mosense delegado de Educación, Camilo Augusto, e a edil de Emerxencias, Julia Loureiro.


A actividade consistiu nunha gran mostra e exhibición de recursos dos Corpos de Seguridade tales coma a Garda Civil, Policía Local, Protección Civil e Servizo Municipal de Emerxencias. Todos amosáronlles ós rapaces os materiais que empregan nas diferentes intervencións que realizan e explicáronlles tamén como se utilizan.


Así os nenos e nenas puideron coñecer os servizos de seguridade cidadá (patrullas), as unidades de tráfico (furgoneta de atestados co material específico de traballo), do Seprona (todoterreo, remolque, dúas motocicletas e material técnico de análise de mostras), Servizo Cinolóxico (dous cans detectores de explosivos  e drogas que realizaron simulacros), EDEX (demostración de desactivación de explosivos en conxunto cos cans), Unidade Orgánica da Policía Xudicial (recollida de pegadas dactilares), GERS (grupos de reserva e seguridade dos corpos que interveñen nos eventos de grandes masas, concentracións, simulacros, manifestacións, etc.), embarcación do Servizo Marítimo, os GEAS ou mergulladores; e o protagonista estrela que foi o helicóptero, cuxa aterrizaxe causou verdadeira expectación entre os rapaces presentes.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.