Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 23 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O Concello organiza un novo curso de formación de adultos co fin de obter o Graduado en ESO por libre

[Img #25803]

 

O Concello de Tomiño organiza un novo curso de formación de adultos co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre.

 

Os requisitos para inscribirse no curso serán:

  • Estar empadroado en Tomiño.
  • Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia.
  • Cumprir 18 anos antes do 8 de setembro de 2016, para acceder ás probas por libre para obter o título da ESO.

 

As persoas interesadas poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal, entre os días: martes 21 de xuño e o sábado 25 de xuño (ata as 13:00h) de 2016, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro do concello xunto cunha fotocopia do DNI.

 

Ademais os interesados terán que acudir ás probas do proceso de selección que se celebrarán o martes 28 de xuño as 19:00h no Edificio da Escola Obradoiro de Goián.

 

Durante o curso de verán 2016, as clases terán lugar os martes, mércores e xoves de 19:00 a 22:00 h no Edificio da Escola Obradoiro de Goián.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.