Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 22 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Ana Pastor comproba as obras na A55 en Mos, que estarán rematadas nun ano e reducirán ata cinco puntos de concentración de accidentes

Sinala que as obras no tramo de San Elouteiro, “unha reivindicación histórica dos veciños, hoxe son unha realidade”.

[Img #25811]

 

A candidata do PP de Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, visitou esta mañá en Mos as obras que se están executando na autovía A-55, que une Vigo-Mos-O Porriño, acompañada pola alcaldesa Nidia Arévalo. Ana Pastor salientou a importancia deste investimento, de case seis millóns de euros, que permitirá eliminar ata cinco puntos de concentración de accidentes.

 

A candidata comprobou o bo avance das obras e anunciou que, segundo din os técnicos, estarán concluídas en menos de un ano. Non obstante, aclarou que estas melloras iranse poñendo en funcionamento progresivamente, conforme estean rematadas.

 

 

 

Neste ano as melloras iranse poñendo en funcionamento progresivamente, conforme estean rematadas

 

 

 

Ana Pastor tamén se referiu ás obras que o Ministerio de Fomento está realizando no tramo de San Elouteiro, e recordou que “é unha reivindicación histórica dos veciños, que hoxe é unha realidade”. Por iso, dixo que “o investimento é importante, pero que merece a pena porque moitos dos veciños levaban máis de 20 anos reclamándoas”.

 

Sobre este tramo tamén se referiu Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e voceira do PP local. “Son unhas obras moi demandadas desde que se construíu a autovía, e van permitir mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños”, dixo e explicou que San Elouteiro, unha das zonas máis poboadas de Mos, quedou “case illado” porque o acceso era deficitario e obrigaba a dar un rodeo moi importante para chegar a destino.

 

“Os veciños levaban moito tempo pedindo aos gobernos de Mos que se puxera en marcha un acceso directo” dixo, e recordou que foi Ana Pastor como Ministra de Fomento quen entendeu e compartiu esa urxencia. “Cantas cousas boas nos trouxo a Mos estes catro anos de Ana Pastor no Ministerio”, recordou a alcaldesa, que dixo que “algunhas reivindicacións estaban case no olvido e outras parecía imposible que puideran poñerse en marcha”. Por iso, salientou, “os compromisos que se levan a cabo en tempo son aínda maiores”.

 

Nidia Arévalo tamén recordou que hai agora un ano desde que se cambiou o trazado da autovía “que era garrafal para Mos por un túnel.  

 

 

[Img #25810]

O PORRIÑO
Antes, a candidata Ana Pastor visitou no Porriño a empresa Biofabri, como exemplo de empresa galega na investigación de vacinas con prestixio internacional. Estivo acompañada polo presidente da xestora do PP local, Carlos Martínez, e polo candidato Gonzalo Ordóñez.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.