Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 24 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
MOS

Aberto o prazo de inscrición para un campus infantil e xuvenil multiactividade

Os interesados poderán anotarse ata o 30 de xuño e a actividade levarase a cado do 11 ao 15 de xullo.

[Img #25832]

 

A concellería mosense de Educación e Participación Cidadá, en colaboración coa de Deportes, organiza un “Campus Multiactividade”. A actividade realizase do 11 ao 15 de xullo na praia de Patos. Ademáis de surf, faranse outras actividades como padel surf, kayak, etc.

 

O prazo para as inscricións rematará o día 30 de xuño. As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse no Rexistro Xeral ou na oficina da OMIX do Concello de Mos, ou a través do correo electrónico: omix@concellomos.es

 

A folla de inscrición poderase recoller na OMIX, no Rexistro Xeral do Concello de Mos, ou ben descargándoa da web do concello: www.concellomos.es. Para inscribirse deberán presentar a solicitude asinada, unha fotocopia do DNI e para os escolarizados que non estean empadroados no Concello, tamén unha copia do certificado de escolaridade.

 

O campus impartirase do 11 ó 15 de xullo en horario matinal das 09:30 horas ás 14:30 horas. Os destinatarios desta iniciativa son os nenos e nenas, mozos e mozas con idades comprendidas entre os 10 e os 17 anos preferentemente empadroados no Concello de Mos.

 

Trátase dunha actividade lúdica-deportiva para ofertar alternativas de ocio e tempo libre con carácter lúdico, participativo e igualitario co propósito de favorecer a diversión, así como o desenvolvemento persoal e social.

 

Con esta actividade, preténdese, que os nenos e nenas aprendan xogando e divertíndose nunha actividade-física deportiva, ao mesmo tempo que gozan dun entorno incomparable e cambiante.

 

Deste modo, dende a concellaría de Educación e Participación Cidadá en colaboración coa concellaría de Deportes ofrécese a posibilidade de realizar  novamente cursos de iniciación e perfeccionamento ó surf; intentando satisfacer as demandas e os distintos gustos dos nenos e nenas.

 

Para levar a cabo dita actividade, cóntase co club deportivo Prado Surf que se encargará da ensinanza teórica e práctica desta modalidade deportiva acuática. Terán preferencia os empadroados e/ou escolarizados en Mos. En caso de que non se cumprimenten todas as prazas, poderán acceder persoas que non cumpran os requisitos de idade ou poboación non empadroada no Concello.

 

O prezo da actividade para os  participante será de 90 euros. A actividade desenvolverase na praia de Patos situada na localidade pontevedresa de Nigrán.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.