Sábado, 24 de Enero de 2026

Xornal21
Lunes, 27 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Vanesa Fernández reafírmase na peonalización da Praza Maior para garantir a seguridade na mesma

Ante a protesta de parte dos comerciantes no Concello, a concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade sinala que "existen numerosos exemplos de cidades, como Vigo e Pontevedra, onde se viu que as peonalizacións non fixeron perder clientes aos comercios, senón que significou todo o contrario, unha revitalización positiva desas zonas".

Ante a protesta dun colectivo de comerciantes dos arredores da Praza Maior n no Concello, a Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade, Vanesa Fernández, afirma que "nas últimas semanas mantivemos varias reunións cos veciños e cos comerciantes das rúas que se van a peonalizar, reunións nas que se recolleron algunhas demandas súas co fin de mellorar todo o posible este espazo común da nosa vila. Así por exemplo, unha das demandas que se fixo trataba sobre a necesidade de acceder por parte de persoas con mobilidade reducida e persoas que tivesen que cargar algún vulto pesado. Neste sentido contemplouse unha zona de servizos que permitirá a dar solución a esta demanda veciñal".


Na última reunión mantida no Centro Social, a Concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade "manifestou que actualmente temos na Praza Maior un problema de seguridade dos nosos nenos e maiores, ao que urxe darlle unha pronta resposta". De feito fai algo menos dun mes un menor case resulta atropelado por un turismo que circulaba por unha zona prohibida, xa hoxe en día, na Praza Maior. Son numerosos os veciños e veciñas que acoden a Praza Maior e manifestan verbalmente o seu descontento e preocupación co continuo tránsito de vehículos por esta Praza repreta de xente.


“É responsabilidade dos gobernantes pensar e actuar en favor do ben común, protexendo aos máis vulnerables”, afirma Vanesa Fernández, concelleira de Seguridade Cidadá e Mobilidade.


Os obxectivos da peonalización son diversos: crear un espazo propicio para o comercio, diminuír a contaminación, revitalizar un espazo público, recuperar os peóns como elemento clave da identidade urbana, en definitiva devolverlle a cidade á veciñanza. “Gañaremos en calidade de vida, seremos un punto de atracción xa que a peonalización chama á xente e a xente chama ao negocio, gañaremos dinamismo comercial e gañaremos en seguridade”, afirma Vanesa Fernández.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.