Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 25 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O goberno da Deputación de Pontevedra aproba o proxecto Erasmus + Practicum Depo 2016

Na actualidade está vixente o programa Practicum Depo 2015 do que se benefician máis de 120 rapazas e rapaces da provincia con ciclos medios de Formación Profesional.

[Img #25837]

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto Erasmus + Practicum Depo 2016 para o que a Dirección do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) e a Deputación de Pontevedra investirán preto de 800.000 euros e no que participarán máis dun centenar de estudantes e cinco docentes de ciclos medios de formación profesional.  A través desta actuación, a institución provincial pretende impulsar a integración das mozas e mozos da provincia no mundo laboral, a través de prácticas en empresas e institucións estranxeiras, en concreto, en Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Países Baixos e Finlandia.

 

A través de Practicum Depo 2016 a Deputación de Pontevedra promove a permanencia no estranxeiro de estudantes maiores de 18 anos de ciclos medios de Formación Profesional co obxectivo de realizar prácticas en empresas durante 196 días. Mediante estas prácticas, a institución provincial pretende que as mozas e mozos teñan maiores facilidades de inserción laboral, a través da adquisición de novos contidos e competencias relacionadas coa súa profesión,  ó tempo que coñecen a cultura do país de destino, melloran as competencias lingüísticas e completan os seus coñecementos.

 

Practicum Depo 2016 terá unha duración plurianual (2016-2018) de 24 meses durante os cales un centenar de mozas e mozos e 5 profesoras e profesores realizarán tres estadías do mesmo xeito que aconteceu coa edición do 2015.  En concreto, a primeira mobilidade do programa Practicum Depo 2015, xa de volta en Pontevedra, levou a un grupo de 40 alumnas e alumnos a realizar prácticas profesionais durante 6 meses en Reino Unido (Belfast) e Italia (Corigliano Calabro, Terranova de Sibari e Cori). Na segunda mobilidade, que se iniciou en abril de 2016, participan un total de 24 mozas e mozos e na última, que comezará en outono e que amplía as estadías a Finlandia e Francia, beneficiaranse 56 alumnas e alumnos.

 

Os participantes no proxecto reciben axudas económicas para a viaxe o seu destino, comprendidas entre os 275 e 360 euros, e de aloxamento, manutención e transporte local que van entre os 7.934 e 9.602 dependendo do destino e do período de estancia.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.