Viernes, 16 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 25 de Junio de 2016 Tiempo de lectura:
Provincia

O goberno da Deputación de Pontevedra aproba a realización do obradoiro de emprego “Depoatende”

A actuación durará seis meses e estará destinada a formar en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar a realización do obradoiro de emprego “Depoatende”, concedido á institución provincial, a través do cal durante seis meses se realizará unha formación en materia de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

 

O obradoiro comezará o 30 de setembro de 2016 e rematará o 29 de marzo de 2017 e para executalo será preciso contratar a persoal para a dirección (1 persoa), para a docencia a xornada completa (1 persoa ou 2 a xornada parcial) en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e a 15 persoas cun contrato de traballo para a formación e aprendizaxe.

 

A selección do equipo directivo e docente farase a través de sondaxe na Oficina de Emprego, correspondendo a selección a unha comisión mixta entre a Deputación de Pontevedra e a administración autonómica. A selección do alumnado realizarase a través da Oficina de Emprego.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.