PROVINCIA
A Consellería de Sanidade inspecciona 299 piscinas de uso colectivo na provincia de Pontevedra para garantir a súa calidade sanitaria
Técnicos da Xefatura Territorial efectúan supervisións e análises necesarias para determinar a calidade das instalacións e, no caso de non cumprirse os requisitos contemplados na normativa vixente, instrúen un expediente sancionador ou incluso revogan a autorización do recinto.
![[Img #25882]](upload/img/periodico/img_25882.jpg)
A Consellería de Sanidade, a través da súa Xefatura Territorial en Pontevedra, inspecciona na presente tempada estival 2016 piscinas de uso colectivo repartidas por toda a xeografía provincial para garantir a súa calidade sanitaria. Deste xeito, ao longo da provincia de Pontevedra inspeccionaránse un total de 299 piscinas, delas, 50 son cobertas e 249 descobertas.
Os técnicos da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra efectúan supervisións e análises necesarias para determinar a calidade sanitaria das instalacións e, no caso de non cumprirse os requisitos contemplados na normativa vixente, poder proceder instruíndo un expediente sancionador ou incluso a revogación da autorización do recinto.
En canto ás indicacións de mantemento da piscina, os responsables das piscinas de uso colectivo na provincia de Pontevedra deben limpar e desinfectar periodicamente as instalacións e facer controis de cloro polo menos dúas veces ao día: pola mañá e no momento de máxima afluencia de bañistas. Ademais destas análises, deben realizarse controis mensuais da calidade da auga, dos que se extraen parámetros como a condutividade, pH e amoníaco ou a concentración de desinfectante, entre outros.
A Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública aconsella facer un bo uso dos recintos e advirte sobre o perigo de prácticas como lanzarse de cabeza sen comprobar a profundidade do vaso ou a presenza doutro bañista
A cantidade de desinfectante da auga das piscinas non pode chegar a ser nunca irritante para os ollos, a pel e as mucosas dos bañistas e os produtos químicos que se usen teñen que estar homologados polo Ministerio de Sanidade.
Vixiancia e mantemento das condicións hixiénico-sanitarias
A norma tamén indica que unha persoa formada en mantemento de piscinas ten que ocuparse de vixiar e manter as condicións hixiénico-sanitarias do recinto e da auga de baño.
Do mesmo xeito, un socorrista debe permanecer nas instalacións durante o tempo que estean dispoñibles para o público e o lugar debe estar dotado dalgún sistema de seguridade que impida o acceso a nenos e nenas fóra do horario de apertura, coa finalidade de evitar accidentes.
Normativa vixente
A normativa vixente da Comunidade Autónoma de Galicia relativa a estas instalacións é o Decreto 103/2005, de 6 de maio, polo que se establece a regulamentación técnico-sanitaria de piscinas de uso colectivo.
Do marco de aplicación deste Decreto exclúense as piscinas de tipo unifamiliar e aquelas pertencentes a comunidades de veciños ou conxuntos inmobiliarios. Por este motivo, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade elaborou unhas recomendacións sanitarias destinadas ás piscinas deste tipo, que se poden consultar na súa páxina web http://www.sergas.es/Saude-publica/Piscinas.
Outros consellos preventivos
A Dirección Xeral tamén lembra aos usuarios de piscinas de uso colectivo da provincia de Pontevedra outros consellos preventivos, como a necesidade de ducharse cada vez que se introduzan na auga e amosar precaución á hora de realizar certas manobras, como lanzarse de cabeza á pisicina, asegurándose de que o vaso teña a suficiente profundidade e que non haxa ningunha outra persoa mergullada na mesma zona.
Os bañistas están obrigados a utilizar chancletas ou calzado especial en piscinas cobertas, así como tamén se recomenda o uso de gorro de natación. Do mesmo xeito, lémbrase que non está permitido comer, beber ou fumar en zonas reservadas para o baño nin deixar desperdicios nos recintos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149