GALICIA
A nova tempada de "Galicia a todo tren” realiza aprimeira viaxe pola ruta do Viño das Rías Baixas
As rutas dos Faros e da Ribeira Sacra foron postas en marcha recentemente
![[Img #25863]](upload/img/periodico/img_25863.jpg)
Nava Castro visitou a semana pasada a adega Martin Códax, en Cambados, unha das actividades incluídas na ruta do tren do Viño das Rías Baixas, que realizou a súa primeira viaxe. É un dos nove itinerarios temáticos que este ver´án percorrerán Galicia no marco da cuarta edición do programa de trens turísticos "Galicia a todo tren”, unha iniciativa conxunta da Xunta de Galicia, Renfe e a Deputación de Ourense a través do INORDE. Os viaxeiros tamén puideron percorrer hoxe a Ruta dos Faros e a da Ribeira Sacra, postas en marcha recentemente.
Nesta nova edición increméntase a oferta global en 84 novas prazas grazas aos bos resultados obtidos na edición anterior, na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición, e cun incremento de cinco puntos porcentuais con relación a 2014.
Esta edición dispón nove itinerarios ao sumar dous novos, o ‘Termal e do Camiño do Norte a Santiago’ e o da ‘Lamprea e o viño do Condado’
Este verán tamén se poñen en marcha dúas novas rutas dos trens turísticos, a “Termal e do Camiño do Norte a Santiago” e a da “Lamprea e o viño do Condado”. Polo tanto, en distintas datas entre xuño e outubro de 2016, un total de nove trens turísticos percorrerán outras tantas rutas temáticas.
Cada unha das nove rutas pódese realizar nun día e, ademais da viaxe en tren, ofrecen desprazamentos en autobús de ida e volta entre a estación de ferrocarril e o recurso turístico a visitar, xunto con actividades complementarias como rutas en catamarán e acceso e visitas guiadas especializadas a xardíns, adegas ou museos.
A oferta deste programa compleméntase, un ano máis, co “Tren do Peregrino”, o “Tren dos Balnearios” e o “Galicia Rail Pass”, a través dos cales se pode, respectivamente, vivir a experiencia do Camiño de Santiago, gozar do termalismo galego ou desprazarse en tren por toda Galicia para coñecer os seus múltiples recursos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149